Atención Integral nos Centros de Saúde

"A primera riqueza é a saúde". Ralph W. Emerson (Boston,1803-1882. Escritor, poeta e filósofo estadounidense).


Cúmprense 45 anos dende a cumbre de Alma-Ata de 1979, onde se fixou o “obxectivo da saúde para todos no ano 2000” e se establecían os indicadores sanitarios mínimos que deben acadar os países asinantes. Por desgraza o desenvolvemento político e social foi insuficiente e non se acadaron os obxectivos propostos en moitos lugares. Neste contexto, xurdiu a necesidade de propoñer reformas no sector sanitario, recoñecendo primeiro o carácter universal do dereito á saúde de toda a poboación, garantindo despois o acceso equitativo aos servizos e, finalmente, mellorar a súa calidade. Conseguíuse o proposto en Alma-Ata? Eu creo que non, e cada día que pasa ímos a pior. Os responsables políticos que temos non aprecian o valor dunha Sanidade Pública de Calidade e os gobernos neoliberais, estan deixando a atención sanitaria á sorte de quen poda pagala.

A Atención Primaria, busca o enfoque da saúde de toda a sociedade que ten como obxectivo garantir o maior nivel posible de saúde e benestar e a súa distribución equitativa mediante unha atención centrada nas necesidades das persoas (o antes posible) e ao longo da súa vida, dende a promoción da saúde e prevención de enfermidades ao tratamento, rehabilitación e coidados paliativos, e sempre...o máis cercano posible ao entorno cotián das persoas. Tamén debe icluír a atención a comunidade onde reside a persoa.

Un aspecto fundamental, é desmedicalizar a AP, potenciando e priorizando as actividades nos Centros de Saúde, facendo fincapé no Traballo en Equipo. Reorientar a AP cara a un modelo comunitario e participativo, transformando as áreas de saúde en espazos para unha Atención Integral. Según a RAG: Integral: “...que inclúe todos os aspectos ou partes da cousa que se trata”, neste caso a Sáude, baseada na diagnose de problemas, necesidades e recursos relacionados co benestar: realizar Plans de Saúde a nivel local, así como potenciar as relacións dos Centros de Saúde cos Hospitais de referencia.

Dende as Organizacións de Defensa da Sanidade Pública, Sindicatos, etc sempre dixemos que a AP debe ser unha Atención Integral, o que supón, contar cos profesionais necesarios para dar un servizo completo nos Centros de Saúde. Así que non chega so con Médicos e Enfermeiras, tamén debe incluír: Odontologos, PSX, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, Atención Temperá, Psicólos Clínicos, Logopedas, Traballadores Sociais, Farmacéuticos, Matroas...Todos estos profesionais, deben traballar en equipo e relacionados, sin trabas, cos especialistas dos Hospitais de referencia.

A disculpa dos malos gobernantes, de reclamar ao goberno central médicos e botarlle a culpa sempre a outros, é mentira. O Ministerio de Sanidad ofrece as CCAA os MIR que previamente foron pedidos polas propias CCAA...Para ter capacidade de máis médicos deben ter Unidades Docentes e os Srs. Feijoo-Rueda non as crearon, entón como se forman ós médicos se non teñen titores? Cando convocan prazas na Galiza, non se cubren todalas ofertadas, o que é indicativo da desincentivación que existe entre os profesionais, para ocupar prazas, mal pagadas, con inestabilidade e precariedade laboral. E así sucederá sempre, si non cambiamos estos xestores que xa deron probas máis que suficientes da súa incompetencia!

E temos a realidade: Rueda dixit : “non é un problema de chequeira”, “non temos médicos por culpa de Madrid”, as urxencias están saturads e nós o que ofrecemos é que teñades sentidiño e poñades a máscara”,…Pois ben, si ímos aos feitos, preguntémoslle por que os orzamentos do ano 2.024, son menores en 145 millóns de euros que os de 2.009 cando chegaron o poder (si medimos o IPC deses anos). Tivemos que pasar polos recortes salvaxes dos anos 2.014, 2.015, 2.016 e 2.017, cunha Pandemia por medio, Guerras a nivel mundial que afectaron ós orzamentos dos productos básicos... o que deixou o Sistema Sanitario Público Galego cas costuras o aire, xunto ca desmotivación in crescendo dos profesionais.

Que teñamos unha Sanidade de Calidade, vai depender do que fagamos este 18 de febreiro. A saúde non pode estar en mans de xente que xa demostrou a súa incompetencia e cunha estratexia evidente de privarización.

 

P.D. Nunca Máis.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.