ECOAR. Unha ferramenta contra o capitalismo

A desigualdade é un mal endémico e crecente da nosa sociedade. Así, os ricos son cada vez máis ricos, e os pobres cada vez máis pobres, coa particularidade de que este segundo grupo está medrando a marchas forzadas como resultado das políticas neoliberais que o estado español vén adoitando. Así, esta desigualdade destápase como consecuencia lóxica dun sistema creado para favorecer á minoría privilexiada a costa dunha maioría sometida, que ve ademais como os seus chamamentos á xustiza social son reprimidos (polo estado) polas forzas de seguridade.

ECOAR))) será presentada á cidadanía o vindeiro 21 de marzo, ás 20:30h. terá lugar, no Teatro Ensalle de Vigo

O conxunto da cidadanía vese afogada polo incremento das cargas fiscais e a caída real dos seus salarios, mentres que os de arriba contribúen cada vez menos ou escapan ao pago de impostos por medio dos paraísos fiscais e outras artimañas creadas polo sistema para evadir á facenda pública. Os recursos públicos son destinados ao pago da débeda contraída por unha elite económica (grandes empresas e sector financeiro) que durante anos e coa colaboración necesaria do poder político realizou unha pésima xestión encamiñada, unicamente, a engrosar as súas propias contas en detrimento da cidadanía, mentres a clase política e os medios de comunicación maioritarios beneficiábanse interesadamente coma parte do sistema que son. Así, as irregularidades cometidas pola economía de casino do sistema financeiro e as grandes empresas e multinacionais pasan hoxe a súa factura ao pobo, afogado polos estragos dunha “crise” da que non ten culpa e da que en ningún momento obtivo beneficios, e que se salda co recorte de liberdades e dereitos básicos co único obxectivo de absorber as súas perdas e poder volver a poñer en marcha a súa maquinaria financeira.

É hora de amosar a determinación do pobo a facer fronte a un réxime inxusto, desigual e indigno que, amparado na imposición de austeridade /que chega dende Europa/, prolonga e lexitima a dominación da minoría que ostenta o poder fronte á maioría

Neste contexto naceu fai xa algúns meses ECOAR))), Espazo de (Contra)discurso, Construción e Coordinación de Alternativas e Resposta social, unha plataforma cidadá que pretende funcionar como foro no que poder diagnosticar a realidade dende a pluralidade, definindo e propoñendo alternativas, promovendo a mobilización da cidadanía e traballando a prol dun sistema social xusto dende a cidadanía e dende Vigo. ECOAR))) será presentada á cidadanía o vindeiro 21 de marzo, ás 20:30h. terá lugar, no Teatro Ensalle de Vigo.

É hora de amosar a determinación do pobo a facer fronte a un réxime inxusto, desigual e indigno que, amparado na imposición de austeridade /que chega dende Europa/, prolonga e lexitima a dominación da minoría que ostenta o poder fronte á maioría. A cidadanía, en coherencia cos seus principios éticos e a súa conciencia e compromiso social, rebélase contra o sistema. Cómpre defender os dereitos e liberdades de todxs nós.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.