En contra da xeneralización do Complemento de Exclusividade aos médicos e médicas

CC-BY-SA Praza Pública

A Ley 55/2003, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, destaca, a “dedicación prioritaria o servizo público e a transparencia”. Fala da “prioridade e da exclusividade que se reflexa, no réxime retributivo (ca renuncia o complemento específico) e no réxime de incompatibilidades do persoal médico, no que se establece unha remisión á normativa dos empregados públicos, resultando de aplicación a Lei 53/1984, de Incompatibilidades do Persoal o Servizo das Administracións Públicas”.

Cos recortes do PP nos 14 anos de goberno na Galiza, os obxetivos dos colectivos sanitarios (entre outros) son que non se contrate persoal sanitario sen formación especializada acreditada, que se remate ca precariedade laboral e ca inestabilidade no traballo no Sistema Sanitario Público e que se implemente unha política xusta e incentivadora.

E que sucede na Galiza? Co desmantelamento e a privatización sanitaria do PP, acaba de conceder ós Médicos e ás Médicas que traballan na pública e na privada (a maiores do seu salario) 870 euros máis o mes. Cando falamos de “complemento” de exclusividade, é un concepto A MAIORES, do salario dun/ha profesional, por dedicarse EN EXCLUSIVA o Sistema Sanitario Público. A falacia de “a igual traballo igual salario”, cae polo seu propio peso, cando non existe a fidelización, motivo polo que na Pública cóbrase ese “complemento”.

Moitas persoas, abogamos por reintegrar na Pública os servizos privatizados: Información, Historia Clínica, Receita Electrónica, Central de Chamadas, Ambulancias, Loxística, Investigación, Docencia. Restituír o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo á Pública, acabar co Concerto Singular de POVISA e adquirilo para a Sanidade Pública. Auditar onde van os cartos do “céntimo sanitario” e rematar co Copago Farmacéutico. Todas estas medidas, foron implementadas polo PP...e agora, dálle o “complemento salarial” a quen compatibiliza Pública e privada (ca merma que iso supón para a Sanidade Pública). É impresentable! E os Colexios Médicos, que non se representan nin a sí mesmos, cunha participación dun % ínfimo de colexiadxs... e un grupo de médicxs, con moito poder e afinidade ideolóxica co PP, consiguen uns cartos que a todas luces non merecen e que non se dedica a reforzar os Equipos de Atención Primaria con novos profesionais que é de verdade o que fai falta!

Os sindicatos corporativos, falan de que “se les retira el suplemento específico de exclusividad”…mentira! O certo é que o que se fai, é dar eses cartos pola fidelización ao Sistema Público: non se lles retira nada os do dobre traballo, cobran o salario que deben cobrar! O conselleiro de sanidade afirmou que o “seu departamento traballaba en fórmulas para «flexibilizar» a Lei de compatibilidades para exercer no Sergas e tamén no ámbito privado”. Comesaña NON PODE FLEXIBILIZAR UNHA LEI O SEU GUSTO. As Leis cúmprense na sua literalidade! Ademáis, algo importantísimo: a Lei (e non a Xunta) dí que “está prohibido atender na privada pacientes da súa Area Sanitaria”, e como todos sabemos, non se fai (nin a consellaría interésalle investigalo).

A Lei dí que “o persoal licenciado sanitario pode exercer o seu posto no Servizo Público de Saúde e simultáneamente na medicina privada, sempre que renuncie o complemento específico e cumprindo o réxime de incompatibilidades”. O seu incumprimento está tipificado como falta grave ou moi grave, ca conseguinte sanción disciplinaria que en cada caso correspondería impoñer o facultativo incumpridor.

A xustiza estriba en manter un Complememto por fidelización...e cumprir a Lei, Si queren aumentar o salario de profesionais que traballan na Pública e na privada, poden facelo, incumprindo a Lei...pero que non lle chamen Complemento de Exclusividade!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.