O momento do compromiso con Galiza

Cada día que pasa  a cidadanía deste país pode comprobar a carencia de proxectos do goberno do presidente Feijoo, até tal punto que o éxito mais notábel que podemos lembrar é que teña alcanzado un acordos coa petroleira PEMEX, que aínda se teñen que materializar. Boa parte da lexislatura foi dedicada a desmontar un avance en materia de benestar do goberno anterior, así a crear un conflito que até a súa chegada era inexistente: o conflito coa normalización do idioma galego. O resto da lexislatura vai ser lembrada polo sonoro fracaso coa fusión de Caixanova e Caixa Galicia, creándose un banco de futuro incerto. Tamén é certo que coa anuencia neste caso dun dos partidos da oposición. Por tanto o balanzo é absolutamente negativo.

O resto da lexislatura vai ser lembrada polo sonoro fracaso coa fusión de Caixanova e Caixa Galicia, creándose un banco de futuro incerto. Tamén é certo que coa anuencia neste caso dun dos partidos da oposición

Por outra banda é de salientar incapacidade dos partidos da oposición parlamentar en Galicia, de construír unha alternativa. Boa proba disto, é a actitude dun PSOE que se está a dedicar a competir polo poder interno en congresos provinciais, que a darlle solucións aos problemas dos galegos e as galegas achegando alternativas.

É de salientar incapacidade dos partidos da oposición parlamentar en Galicia, de construír unha alternativa

Cada día que pasa fica máis claro que vai estar nas mans do novo galeguismo, a posibilidade de colaborar na derrota do PP, e de contribuír á creación dun goberno alternativo para Galiza que teña o centro de decisión no noso país, con vontade de dar solución ao problemas da xente, desde unha perspectiva galeguista, progresista e europeísta, seguindo a estela da Xeración Nós.

Certamente sería unha irresponsabilidade que existisen dúas candidaturas nacionalistas á marxe do nacionalismo resistencialista representado polo BNG-UPG, porén é momento de clarificarse. Con independencia dos distintos tempos e métodos que teña cadaquén, o que lle interesa á sociedade, mais que como nos organicemos internamente, son as alternativas programáticas, e a vocación do partido político que se queira construír. Neste sentido Compromiso por Galicia acertou de pleno facéndolle á cidadanía galega o xermolo dunha proposta electoral con vocación de goberno, e que debe ter a medio prazo a vocación de ser hexemónica.

Sería unha irresponsabilidade que existisen dúas candidaturas nacionalistas á marxe do nacionalismo resistencialista representado polo BNG-UPG

O que precisa este país é unha forza política o suficientemente ampla con vontade de traballar desde as institucións e desde os gobernos municipais e autonómico para traballar pola construción nacional, apostando por esgotar e reformar o actual estatuto para seguir avanzando neste proceso, e ao mesmo tempo, traballar polo benestar social, tendo en conta que a mellor política social é a creación de emprego e aquela que fomente o crecemento económico, o cal é totalmente contrario ás políticas de austeridade que despois non son tales. Nese sentido, a alternativa política do novo galeguismo, debe estar dirixida aos traballadores e traballadoras, aos autónomos e as PEMES. Só concordando nisto ten sentido a unidade orgánica entre todas aquelas persoas e organizacións, que se deu en identificar baixo a etiqueta de Novo Proxecto Común.

A alternativa política do novo galeguismo, debe estar dirixida aos traballadores e traballadoras, aos autónomos e as PEMES

Unha vez que se concorda no papel da nova organización política nas institucións, ou cando menos aqueles que esteamos dispostos e dispostas a construír unha forza con vocación de goberno, chega o momento das persoas nun duplo sentido: facer unha forza proposta política e electoral na que se sinta cómoda e identificada moita xente, convencéndoas de que este é o momento de comprometerse activamente con este país e de escoller as persoas máis acaidas para liderar esta proposta nas institucións e nos gobernos. Porque ao cabo a política fana as persoas, e a nosa vocación é de contar dunha forma ou doutra cos mellores.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.