O plus dunha afección

Adóitase dicir que as afeccións non xogan, que non dan puntos e que o importante do fútbol resólvese no campo. Certo. En parte. Hai situacións difíciles nas que a bancada é un plus importante. Ocórrelle ao Deportivo pero sábeno moitos equipos. Cando os futbolistas teñen unha masa social tan importante, tan comprometida, implicada e ilusionada detrás senten unha obriga: a obriga de non defraudar. E iso tamén lle axuda a este Depor, que pasou momentos difíciles pero sempre tivo detrás a xente para recordarlle que non podían decaer.

Ter a máis de 20.000 persoas ao teu carón na casa non é o mesmo que telas en contra. Como tampouco é o mesmo telas ao teu favor, que telas dispostas a non pasar unha. Daquela, sexan rivais ou propios, os afeccionados poden converterse no teu peor inimigo

Ter a máis de 20.000 persoas ao teu carón na casa non é o mesmo que telas en contra. Como tampouco é o mesmo telas ao teu favor, que telas dispostas a non pasar unha. Daquela, sexan rivais ou propios, os afeccionados poden converterse no teu peor inimigo. Son os que axudan a crear incerteza e a sentir o medo ao fracaso ou a errar. Cando a bancada está implicada, funciona de motor. Cando é a rival a que o está ou a túa propia na túa contra, é todo un freo.

Ninguén sabe se o Deportivo tería gañado igual en Guadalajara sen o apoio da afección. Pero o que si está claro é que axudou. Sempre axuda.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.