Marcos Abalde

Marcos Abalde

Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982) obtivo en 2008 por Canibalismo o XI Premio Josep Robrenyo convocado pola Associació d’Investigació i Experimentació Teatral (AIET) e aberto ás catro linguas do Estado. En 2010, Estaleiro editora publica o texto e fica finalista dos premios da AELG. En 2011 faise co VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo polo artigo Empoderármonos e co XX Premio Álvaro Cunqueiro por A cegueira.