Adela Figueroa

Adela Figueroa

Nada en Lugo, é Licenciada en Bioloxía e Máster en Educación Ambiental. Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía, Actualmente é profesora no IES Lucus Augusti da capital do Miño. Desenvolveu traballos na Misión Biolóxica de Galiza e no Centro Forestal de Lourizán. Traballou tamén na Universidade do Minho, no departamento do Instituto da Educação, e no de Química Pura e Aplicada.