"O que necesita Galicia pedino desde a Xunta e fareino como presidente de España", proclama Feijóo en Santiago
Rueda transloce o temor dos populares a Vox e preséntao como "salvapatrias que veñen de fóra" fronte aos que di que o PPdeG segue a representar "á maioría dos galegos"
As protestas contra o biogás levan o PP a corrixir os Orzamentos da Xunta para adiar dous anos novas plantas
Os populares introducen unha "moratoria" mentres o Goberno galego non aprobe "unha planificación propia" que veu obviando ata agora
Competencia investiga ás principais empresas da sanidade privada galega polo amaño dun concurso da Xunta
Ribera Salud, HM, Concheiro ou Recoletas están baixo análise por manobras sospeitosas nun contrato dun seguro colectivo de accidentes deportivos
Comeza a campaña, a Xunta insiste en vender obras e axudas directas
O Goberno galego desenvolveu na primeira xornada da campaña electoral unha intensa axenda de promoción dos seus logros políticos, actuacións prohibidas pola lexislación electoral
Á caza dos votos da caza: novo conselleiro, mesmas prioridades en Medio Ambiente
Unha das primeiras reunións do novo conselleiro, Nicolás Vázquez, é coa Federación Galega de Caza, encontro que nos últimos anos se vén repetindo a poucos días de eleccións xerais ou galegas
O ex-ministro Margallo "non lembra" as súas manobras na UE para atribuír ao maquinista o accidente de Angrois
En 2016 o titular de Exteriores pediu ao presidente da Comisión, Jean-Claude Juncker, manter oculto un informe crítico coa versión oficial que apuntara ao condutor do Alvia porque afectaba "aos nosos intereses nacionais", pero agora non o lembra "en absoluto"
O furto dun lapis de ollos de 3,50 euros nun Mercadona de Ourense acaba mobilizando 3 xuíces e a Fiscalía
A Audiencia Provincial de Ourense anula un primeiro xuízo que absolvera a unha muller nun xuízo rápido por delito leve e ordena repetir a vista un ano despois
A Xunta subcontrata técnicos ferroviarios para que a axuden a fiscalizar as obras do Estado
O Goberno galego admite "ausencia de recursos humanos e materiais propios na Dirección Xeral de Mobilidade" e busca unha empresa que lle facilite tres enxeñeiros por uns 115.000 euros ao ano
Mobilizacións de época nas principais cidades culminan a folga xeral en Galicia
Decenas de milleiros de persoas secundaron as manifestacións deste 11N, que superaron as expectativas sindicais con matices e visións diversas pero con reclamacións básicas comúns: dereito a unha vida digna, con vivendas accesibles e salarios adecuados.
Creado o Defensor de Vítimas de Accidentes para seguir atendéndoas tras as emerxencias
Na mesma xornada en que o vicepresidente Cuerpo recibiu a vítimas de Angrois, o Consello de Ministros aproba que as asociacións participen na elaboración do marco normativo que regulará a atención que reciben por parte da Administración
Multadas outras catro funerarias por repartirse cadáveres, agora nas áreas de Vigo e Pontevedra
A Comisión Galega da Competencia conclúe unha investigación por amaño de contratos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) coa que xa multara outras dúas empresas da área de Santiago
A conselleira Vázquez dá novos cargos en Política Social ao equipo co que xestionaba Medio Ambiente
A directora ambiental que autorizou a fábrica de Altri será agora xerente do Consorcio Galego de Benestar, logo de que a nova conselleira tamén entregase a área de Igualdade á enxeñeira que xestionaba a política enerxética