De Nunca Máis a Angrois, as denuncias en Galicia de Manos Limpias que quedaron en nada
A organización que está tras a denuncia á muller de Pedro Sánchez participou en varias ocasións en casos xudiciais galegos significativos
Nova condena á Xunta por un suicidio dunha persoa ingresada con problemas psiquiátricos
A xustiza volve evidenciar eivas na atención psiquiátrica do Sergas, agora por non avaliar o risco nin aplicar o protocolo de prevención a un home con antecedentes que ingresou no Álvaro Cunqueiro de Vigo dicindo que quería morrer
Pedro Sánchez di meditar a súa dimisión ante o "acoso" á súa muller
O presidente anuncia que o luns dará a coñecer a súa decisión nunha comparecencia pública
A prórroga de Aznar á AP-9 sen concurso público segue sen convencer á UE, que pide máis explicacións a España
A Comisión Europea envía unha segunda carta de emprazamento ao Estado dentro do procedemento de infracción que abriu en setembro de 2021
Rueda, preguntado por axudas a Altri, di que a Xunta "vai estar comprometida" con calquera proxecto que cree emprego
Besteiro pide ao presidente que aclare o grao de apoio político do Goberno galego ao proxecto previsto en Palas: "Din vostedes que é privado pero aspira a ter axudas públicas"
O Constitucional avala por unanimidade a Lei do Litoral da Xunta que recorrera o Goberno de España
O tribunal desestima 70 das 72 impugnacións que realizara o Executivo de Pedro Sánchez e só rexeita que se poidan emprazar depuradoras na costa e o intento da Xunta de privilexiar os barcos pesqueiros galegos
Unha empresa pide á Xunta 46 millóns por autorizarlle un eólico que despois anulou o Supremo
O TSXG admitiu a trámite a reclamación e defende as súas paralizacións cautelares de proxectos, criticadas por patronal e Goberno galego, como "mal menor" fronte a posteriores indemnizacións se as obras se inician e son despois anuladas
Rueda permite que os xefes territoriais da Xunta non sexan funcionarios e remuda o director de Función Pública desde 2009
Medio ano despois de recibir a primeira residencia doada por Amancio Ortega a Xunta aínda a ten pechada
O Goberno galego acumula máis demoras á promesa de Feijóo de hai sete anos de facer unha nova residencia en cada cidade e segue pendente de formalizar a xestión privada da primeira, a de Santiago, coa Fundación Fesan
Canto se xoga en Galicia: cada persoa perde de 120 a 250 euros segundo o ano
A diferenza entre o gastado en xogos e apostas e os premios recibidos oscila cada ano segundo o azar, cun peso significativo das lotarías e apostas do Estado e unha cifra estable duns 50 euros ao ano por persoa nas máquinas dos bares
O PP carga contra Luís Villares por un eólico anulado en firme polo Supremo no que nada interveu como xuíz
Os populares aumentan a súa campaña de presión contra os maxistrados do TSXG que supervisan os proxectos eólicos e acusan o ex-portavoz de En Marea de tentar "paralizar todos os proxectos industriais en Galicia"
"Non colocaron ningún sinal de perigo": Audasa é condenada por un accidente provocado polos restos doutro sinistro previo
A concesionaria da AP-9 reclamou ao primeiro accidentado por danos en 14 elementos da autoestrada pero rexeitou asumir os custes do segundo sinistro porque o condutor non precisou o obxecto concreto contra o que chocou de noite