Feijóo di que a sentenza de Angrois o avalou ao apuntar só ao maquinista malia que tamén sinalou erros de Adif
O ministro Puente lembra que a daquela ministra Ana Pastor non compareceu ante os medios de comunicación como si fai el
O sindicato de maquinistas convoca folga os días 10 e 12 de novembro, arredor da folga xeral de vivenda do 11
Xa antes do accidente de Urda o Semaf tiña convocada unha folga para este xoves polo incumprimento das melloras acordadas tras o sinistro de Adamuz, e agora amplía os paros
Avarías, instrucións e "factores ambientais": o que xa analizan os investigadores no accidente de Urda
A nova autoridade independente de investigación, a AITAT que substituíu á criticada CIAF, aínda non puido falar cos controladores que segundo os audios divulgados autorizaron ao AVE de Renfe a continuar co código LZB4 e non o LZB3, máis seguro
Tras Angrois, a UE advirte hai anos a España da importancia do "factor humano" nos accidentes de tren
A Axencia Ferroviaria Europea censurou que a comisión oficial que investiga sinistros para propoñer melloras, reformulada este verán nunha axencia independente, nin tiña expertos nin analizaba condicionantes do comportamento humano
- Documento Angrois: traxedia en Compostela
- Política
"Pódese culpar ou aprender, ambas son incompatibles": comunicado das vítimas de Angrois e Adamuz
As asociacións de afectados polos accidentes de 2013 e o pasado xaneiro, con 79 e 46 mortos, salientan que "o erro humano nunca é a causa dunha traxedia nun sistema complexo e regulado como é o ferroviario"
Os accidentes de Toledo e Adamuz fan de 2026 o ano máis mortal do século no ferrocarril, superando Angrois
O novo choque, con 69 falecidos, chega só nove meses despois do que deixou 46 mortes en Andalucía, tras o que se comprometeron melloras que o sindicato de maquinistas considera incumpridas, polo que convocara unha folga para este xoves
Vítimas de Angrois ven "un insulto á intelixencia que se volva poñer o foco nun posible erro humano"
O presidente da Plataforma lamenta que tras accidentes como o de Santiago ou o de Adamuz "non se aprende porque non hai consecuencias políticas"
A Xunta suma 368.000 euros aos 1,4 millóns que gastou na nova sede de Bos Aires co voto exterior ao fondo
Tras desviar fondos da partida de imprevistos para mercar un local de tres plantas na principal avenida da capital arxentina, agora o Goberno galego volve mudar os seus orzamentos para engadir máis cartos cos que reformar tanto o interior como a fachada
Rueda xustifica que o PP use vídeos de 'deepfake' contra o PSOE: "As redes sociais están para ser transgresoras"
O líder do PPdeG defende as declaracións de Feijóo abríndose a recortar o dereito ao aborto ou á eutanasia: "Dixo o que está fixado no último congreso nacional do PP o pasado ano"
Do lume á política social tras 'okupas' ou lobos: a conselleira Vázquez faise co terceiro maior orzamento da Xunta
Tras un longo historial de polémicas declaracións ou decisións políticas, Ángeles Vázquez chega a unha Consellería de Política Social que vén apostando polas axudas directas e a externalización de servizos
Ángeles Vázquez, ata agora conselleira de Medio Ambiente, asume Política Social
A saída de Fabiola García da Xunta para ir nas listas do PP ás eleccións xerais leva a Rueda a mudar dúas consellerías, desprazando a Ángeles Vázquez a Política Social e nomeando conselleiro de Medio Ambiente a Nicolás Vázquez, ata agora secretario xeral de Industria
Condenada a "mala fe e temeridade" da Xunta por obrigar un traballador a denunciala 6 veces para cobrar
O TSXG censura que un bombeiro tivese que recorrer "ano tras ano aos tribunais en defensa do seu dereito" tras sucesivas sentenzas favorables, o que considera unha "actitude obstrucionista" por parte de Medio Rural