David Miranda Barreiro

David Miranda Barreiro

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, en 2005 emigrou ao País de Gales. Tras obter o seu doutoramento, acadou a praza de profesor titular de Estudos Hispánicos na Universidade de Bangor. Lidera os proxectos musicais The Cripple and The Tramp e Devalo (Ferror Records).