O PP gaña nas cidades, seguido por unha En Marea debilitada

Vista parcial de Vigo, o concello máis poboado do país © Turismo de Vigo

Desta volta a Galicia urbana non foi o bastión que nas anteriores comicios fora para En Marea, que baixa nas sete urbes, entre tres e catro puntos. O PP, en cambio, obtén un resultado magnífico nas cidades, sendo a forza máis votada en todas elas. No medio, o PSdeG-PSOE, cun pequeno ascenso en porcentaxe de votos con respecto aos resultados de decembro, consegue ser a segunda forza en Ourense e Lugo. Ciudadanos e BNG perden votos con respecto ao 20D.

Os populares roldan o 40% en Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. E superan o 35% en Ferrol, A Coruña e Pontevedra. Obteñen os seus rexistros máis reducidos en Vigo, onde o 20D foran superados por En Marea; desta volta, o PP recupera o primeiro posto na cidade olívica. En Marea baixa tanto naquelas urbes nas que gobernan as mareas coma nas cidades nas que non o fan. Vigo é o mellor resultado para a candidatura.

  PP En Marea PSdeG Cs BNG
A Coruña 35,77% (31,64%) 26,5% (31%) 22,21% (19,6%) 10,51% (11,3%) 2,2% (2,84%)
Santiago 39,42% (34,87%) 24,40% (28,32%) 20,21% (17,67%) 9,50% (10,57%) 3,70% (5,24%)
Ferrol 36,49% (32,58%) 27,52% (30,62%) 21,49% (19,45%) 9,16% (10,27%) 2,46% (3,45%)
Lugo 40,88% (35,22%) 21,02% (24,67%) 23,75% (22,15%) 9,27% (11,02%) 2,34% (3,06%)
Ourense 40,63% (35,77%) 20,99% (24,22%) 24,86% (23,11%) 9,23% (10,51%) 1,76% (2,51%)
Pontevedra 36,97% (32,82%) 23,17% (26,66%) 22,33% (20,03%) 9,58% (10,8%) 5,18% (6,46%)
Vigo 31,09% (27,68%) 30,39% (33,95%) 24,04% (22,01%) 9,5% (9,95%) 1,96% (2,9%)

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.