A UE insiste nas súas críticas á investigación de Fomento

Informe da Axencia Ferroviaria Europea denominando "tren de alta velocidade" ao Alvia de Angrois fronte á visión da CIAF española negándoo CC-BY-SA Praza Pública

Logo de que o pasado 7 de xullo a Axencia Ferroviaria Europea criticase por non independente a investigación do accidente de Angrois realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) do Ministerio de Fomento, o organismo español tentou replicar. A CIAF emitiu un comunicado no que se defendía e mesmo cargaba contra a axencia europea. Pero esta última non cambia de parecer e insiste nas súas críticas á comisión española.

A Axencia Ferroviaria Europea di ser coñecedora dos “cambio feitos por España este ano para asegurar que o ente nacional de investigación CIAF actúe de xeito independente”

Nun novo comunicado, a Axencia Ferroviaria Europea insiste en que os investigadores españois designados por Fomento non eran independentes e puxeron o foco só no erro do maquinista do tren sen analizar outras causas. O organismo comunitario amósase “sorprendido pola insistencia da CIAF en que o tren non era un tren de alta velocidade”, xa que ao seu xuízo se correspondía coa definición que fai a normativa europea e “é descrito por Renfe como o seu máis sofisticado tren de alta velocidade”.

A axencia europea di ser coñecedora dos “cambios feitos por España este ano para asegurar que o ente nacional de investigación CIAF pode actuar de xeito independente en futuras investigacións”. “Isto é un moi positivo paso pero suliña o feito de que no momento da investigación sobre o accidente de Santiago esas melloras non existían”, sentencia.

Informe da Axencia Ferroviaria Europea denominando "tren de alta velocidade" ao Alvia de Angrois fronte á visión da CIAF española negándoo CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.