Estamos mellor ou peor que hai 4 anos? Un feixe de datos para unha lexislatura

Datos 2012-2016 CC-BY-SA Praza Pública

Un vello argumento empregado nas campañas electorais, tanto polas forzas políticas que nese momento están no poder coma nos partidos da oposición é aquel de "está o país mellor ou peor que hai catro anos?". Non todo é cuantificable nin medible en estatísticas, e en ocasións as escollas dos e das electoras non se axustan a estes parámetros tan simples. Pero o remate dunha lexislatura é un bo momento para comparar o que os números nos din sobre a Galicia en 2012 e a Galicia de 2016. Estamos mellor ou peor?

As eleccións de outubro de 2012 producíronse nunha das fases máis negativas da longa crise económica. Dende entón varios dos indicadores melloraron substancialmente (dende o crecemento económico á taxa de paro). Porén, outros datos económicos (dende a afiliación á seguridade social, ao desemprego de longa duración, pasando polas pensión ou o emprego agrario e industrial) apenas amosan unha evolución positiva, a pesar de que o contexto xeral é obxectivamente máis favorable. O mesmo que as estatísticas referidas á situación económica xeral das familias. Os indicadores relativos ao ensino e á sanidade, o mesmo que os relativos ao I+D ou a determinados sectores, coma a cultura, amosan a foto fixa dos recortes efectuados nestes anos. Finalmente, o apartado relativo á demografía é moi preocupante, cunha evolución negativa en todos os indicadores 

Indicador 2012 2016
Poboación 2.781.498 2.717.749
Poboación menor de 35 anos 952.937 848.764
Nacementos 21.594 (2011) 19.346 (2015)
Saldo vexetativo -8.285 (2011) -12.057 (2015)
Idade media 45,1 46,2
Índice de envellecemento 141,9 151,9
Índice de recambio da poboación en idade activa 148,9 161,2
Saldo migratorio 4.808 (2011) -774 (2015)
Evolución anual do PIB -2,1% (2011) 3,2% (2015)
Taxa de paro (EPA) 20,9% (2º trimestre do 2012) 17,7% (2º trimestre do 2016)
Taxa de actividade 55% (2º trimestre do 2012) 53,5% (2º trimestre do 2016)
Poboación ocupada total (miles) 1.042 (2º trimestre do 2012) 1.034 (2º trimestre do 2016)
Poboación ocupada no sector primario (miles) 80,5 (2º trimestre do 2012) 68 (2º trimestre do 2016)
Poboación ocupada na industria (miles) 166,6 (2º trimestre do 2012) 158,0 (2º trimestre do 2016)
Parados/as de longa duración (máis de 12 meses sen emprego) en miles 118,5  (2º trimestre do 2012) 118 (2º trimestre do 2016)
Número de contratos indefinidos asinados no último ano 28.028 (2011) 40.164 (2015)
Número de afiliados/as á seguridade social 956.376 (xullo 2012) 973.973 (xullo 2016)
Importe medio das pensións de xubilación 782,4 € (agosto 2012) 868,22 € (agosto 2016)
Diferencial coa pensión media no Estado 166,41€ (agosto 2012) 176,7 € (agosto 2016)
Fogares que chegan a final de mes con dificultade ou moita dificultade 52,75% (2º trimestre do 2012) 55,63% (2º trimestre do 2016)
Ingreso medio mensual por fogar 1.908 € (2011) 1.915 € (2014)
Gasto anual medio por fogar 28.199 € (2011) 26.381 € (2015)
Fogares que non se permitiron ningún extra nos tres meses anteriores 33,3% (2º trimestre do 2012) 19,91% (2º trimestre do 2016)
Índice de produción industrial (base 2010) 86,616 (xuño 2012) 96,577 (xuño 2016
Taxa de apertura da economía galega 0,559 (2011) 0,607 (2015)
Valor total das exportacións 17.149.899,5 € (2011) 18.833.889,7 € (2015)
Gasto en I+D per capita 189,9 € (2011) 174,2 € (2014)
Potencia eólica instalada (MW) 3.287 (2011) 3.362 (2015)
Viaxeiros que pernoctaron en establecementos hoteleiros 3.354.068 (2011) 4.086.190 (2015)
Vivendas en edificios de nova planta 3.547 (2011) 1163 (2015)
Vivendas rehabilitadas 427 (2011) 333 (2015)
Prezos do leite declarados polos compradores 28,67 € (xuño 2012) 26,90 €  (xuño 2016)
Gasto anual en bens e servizos culturais 722 millóns de euros (2011) 548,6 millóns de euros (2014
Representacións teatrais 1.857 (2011) 1.522 (2014)
Camas nos hospitais do Servizo Galego de Saúde Instaladas: 7.312 En funcionamento: 6.827 (2011) Instaladas: 6.956 En funcionamento: 6.510 (2014)
Médicos en atención primaria 2.587 (2011) 2.569 (2015)
Profesorado en centros de titularidade pública 28.595 (2011) 28.433 (2015)
Unidades de Infantil 3.503 (2011) 2.901  (2015)
Unidades de Primaria 6.903 (2015) 6.506 (2015)
Poboación entre 18 e 24 anos que non completou a educación secundaria obrigatoria 24,9% 15,1%
Mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas 3 (2011) 8 (2015)
Ordes de protección solicitadas por mulleres 1.249 1.564

Fonte: IGE

Feijoo celebra a súa vitoria nas eleccións de outubro de 2012 © PPdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.