0 Gardados para despois

Rivera vólvese ofrecer ao PP para "evitar" un goberno de esquerda en Galicia

David LombaoDavid Lombao | @davidlombao


Segundo ofrecemento de Albert Rivera ao PP de Galicia en menos dunha semana. O líder de Ciudadanos protagonizou este domingo en Vigo a súa segunda intervención previa ás eleccións do 25 de setembro e fíxoo volvendo garantir que sosterá o Goberno de Alberto Núñez Feijóo se os conservadores non logran reeditar a súa maioría absoluta. Para Rivera "no está en juego si va a gobernar el PP" pero, ante o risco de perda da hexemonía, Ciudadanos é quen vai "evitar" un Executivo alternativo do PSdeG, En Marea ou o BNG.

Na xornada da Diada Nacional de Catalunya o líder de C's subiu ao escenario á beira da estación marítima de Vigo para ofrecerse a "ayudar a que o que "pasa" en Catalunya non suceda en Galicia. "Como he visto crecer eso en Cataluña, no quiero que pase en vuestra tierra", di, en referencia ao ascenso do soberanismo. E "eso" sucederá se chega á Xunta un "batiburrillo", di, en referencia a unha coalición de esquerdas. "Si Ciudadanos entra en el Parlamento, ni las Mareas ni el BNG podrán convocar referendums de independencia, que nos les metan el problema del nacionalismo ni del separatismo".

A concreción de Rivera a respecto do que se propón evitar esvae ao se referir ás medidas que o partido laranxa procuraría impulsar en Galicia. Se os votos á súa formación se traducen en escanos, afirma, servirán para "controlar al gobierno de Feijóo, ponerle deberes y exigirle cambios y reformas". Por exemplo di, para "sacar las zarpas políticas de la sanidad" ou  "para pensar en los trabajadores y emprendedores", colectivo para o que hai que asegurar, por exemplo que "pague el IVA cuando pueda o cuando quiera".

"Si Ciudadanos entra en el Parlamento, ni las Mareas ni el BNG podrán convocar referendums de independencia", proclamou Albert Rivera en Vigo

"Galicia -resume- no se merece un gobierno de cajón de sastre y merece que controlemos al gobierno del PP". Por iso, agrega, "vamos a evitar el cajón de sastre y el desastre de la gestión de algunos aspectos" da Xunta de Feijóo. "Los que somos de centro -proclama- no queremos bandos ni divisiones territoriales.

Antes de Rivera, protagonista do acto, pasou polo atril a súa candidata á Xunta, Cristina Losada, quen animou a apoiar un modelo que "no es el del nacionalismo recalcitrante del BNG, que en el nombre de la izquierda empobrece Galicia", tampouco "el del populismo que aprovecha el sufrimiento para vender humo", nin o dun PSdeG que "se pregunta cada día qué es". Trátase, resumiu previamente a deputada no Congreso Marta Rivera, "que los cambios que están llegando a otros territorios, lleguen también a Galicia". No entanto, di o líder do partido, non hai dúbida de que o Executivo seguirá a ser do PP.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.