Os populares aseguran que se contan con maioría dabondo tras o 29N aprobarán unha contrarreforma do Regulamento parlamentario para que volva ser obrigatorio falar en castelán, medida que tamén aplicarían a organismos como a conferencia de presidentes. O programa do partido contempla unha reforma exprés dos medios públicos estatais para, din, "garantir unha información rigorosa, plural e independente". Con Feijóo na Moncloa, agregan, quedaría "garantida" a "liberdade de prensa"