Ferrol acolleu este luns a única misa galega por Franco

A misa celébrase na Igrexa de San Francisco © Turgalicia

Nos días previos ou posteriores ao cabodano da morte de Francisco Franco unha ducia de localidades en todo o Estado acolleron misas e outras homenaxes en honor do ditador avaladas pola fundación que leva o seu nome. Entre elas só unha galega, Ferrol, onde está mañá ás 12.30 horas houbo un acto litúrxico "por el alma de Francisco Franco, José Antonio Primo de Rivera y todos los caídos por Dios y por España". A misa celebrouse na Igrexa castrense de San Francisco ás 12.30 horas, coa asistencia dunhas poucas persoas.

Ceuta, Madrid, Palma de Mallorca, Valladolid, Zamora, Málaga, Sevilla, Jaén, Almería, Granada, Lucena e Córdoba son as outras localidades nos que estes días se convocaron eventos de lembranza ao ditador que contan co apoio da Fundación Francisco Franco. A entidade xustifica estas celebracións pola "liberdade de expresión" e a "pluralidade política".

A xerarquía católica non puxo impedimentos á celebración destes actos nas súas igrexas, agás en Cataluña. En Barcelona tamén estaba convocada unha misa en honor de Franco para o pasado sábado 19. Porén, finalmente o reitor da Igrexa do Sagrado Corazón, onde se ía celebrar, non o permitiu. De igual xeito, o Arcebispado de Barcelona manifestou o seu rexeitamento á misa en honor da División Azul que hai uns días acolleu Hospitalet de Llobregat.

 

A misa celébrase na Igrexa de San Francisco © Turgalicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.