Puigdemont evidencia que non declarou a independencia e Rajoy segue adiante co 155

Carles Puigdemont, president da Generalitat © Rubén Moreno / Govern da Generalitat

O Goberno central respondeu á carta Carles Puigdemont, na que evidenciou que non declarara a independencia e na que advertiu de que o Parlament votaríaa se o Estado continuaba a "impedir o diálogo e continuar a represión". Xa que logo, segue adiante o Executivo de Rajoy co artigo 155. O ministro portavoz, Íñigo Méndez de Vigo, foi o encargado de trasladar nunha declaración sen preguntas a resposta á misiva do presidente da Generalitat ao segundo requirimento tras activar o devandito artigo da Constitución.

O sábado reunirase o Consello de Ministros para decidir as medidas que adoptará

Este sábado reunirase o Consello de Ministros para decidir as medidas que adoptará: tanto os membros do Goberno do PP como os partidos que o apoian neste proceso, o PSOE e Ciudadanos, reclamaron que a activación do 155 se encamiñe para convocar eleccións anticipadas en Catalunya "para devolver a legalidade autonómica".

Segundo fontes do Executivo, están reunidos na mañá deste xoves senllas delegacións do Goberno e do PSOE para analizar a situación.

O president da Generalitat, Carles Puigdemont, recoñeceu, no entanto, que o Parlament non declarou a independencia o pasado 10 de outubro na súa resposta ao segundo requirimento do Goberno previo á aplicación do 155. Con todo, non contestou a petición do Goberno de "volver á orde constitucional" e advertiu de que o Parlament procederá a "votar a declaración formal" de independencia se o Estado "persiste en impedir o diálogo e continuar a represión".

Puigdemont recoñeceu na carta que non declarou a independencia o pasado 10 de outubro

O Goberno advertira ao president que a súa carta deste xoves era unha das últimas oportunidades para responder claramente sobre a declaración da independencia. Se non o facía, activaríanse as medidas necesarias para suspender a autonomía da Generalitat baixo o amparo do artigo 155 da Constitución.

Na primeira das súas cartas cruzadas desta semana,  Puigdemont non aclarou se declarara a independencia. Por iso o Executivo central, que quería unha resposta de si ou non sobre se se proclamou a república, activou o segundo requirimento previo á aplicación do artigo 155 da Constitución. O president respondeu este xoves tras  recibir o aval do seu partido, o PDeCAT, para declarar a independencia de aplicarse o 155.

A vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, puxo en dúbida a oferta de dous meses de diálogo da carta do luns de Puigdemont. "Calquera outra sorte de contestación, sexa unha carta ou a simple reiteración do seu discurso, non evitará o 155", advertiu Sáenz de Santamaría o luns.

A pesar deste aviso, Puigdemont volve apelar ao diálogo e fai fincapé en que a  prisión incondicional por sedición dos líderes da Assemblea Nacional Catalá (ANC) e Òmnium Cultural, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, non contribúe a destensionar a situación.

PRECARIA SITUACIÓN GES VAL MIÑOR

850 EUROS

Carta de Carles Puigdemont a Mariano Rajoy Dominio Público Govern da Generalitat

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.