0 Gardados para despois

O PP suspende de militancia o seu único concelleiro en Dumbría, detido por violencia machista

Redacción | @prazapublica

Manuel Barcia García, único concelleiro do PP en Dumbría, foi detido este mércores pola Guardia Civil, en cuxos calabozos pasou a noite, tras unha denuncia da súa parella por suposta violencia machista. Este xoves o presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, desligouse del e salientou que xa foi suspendido de militancia.

Barcia, nacido en Santa Comba en 1960, empresario da construción, entrou en política en Dumbría como independente en 2011 e foi o cabeza de lista do PP en 2015, obtendo un único posto nunha Corporación dominada polo PSOE con dez concelleiros. “O que fixemos foi a nivel preventivo suspendelo de militancia” , dixo Feijóo cando foi preguntado polo caso, para engadir que o caso coñeceuno “polos medios de comunicación” e que ten “pouca” información, pero que “non pode ser compatible” coa militancia en ningún partido.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.