EU e FPG concordan en que “por riba da cuestión nacional, está o problema de clase”

Yolanda Díaz CC-BY Praza Pública

Esquerda Unida (EU) e a Frente Popular Galega (FPG) celebraron un encontro este martes para analizar as posibilidades "de confluencia entre as forzas políticas galegas de esquerdas e anticapitalistas". As delegacións de ambas as dúas formacións, tanto Esquerda Unida coma a Fronte Popular Galega coincidiron "na necesidade de artellar unha ferramenta capaz de responder ao estado de quebra que afecta á maioría social", tendo en conta "a situación actual da política galega".

Neste senso, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifestou que “ante a emerxencia social e o terrorismo financieiro practicado dende a política do PP, é necesaria a confluencia política” e que "a sociedade precisa dunha vertebración política que dea esperanza á cidadanía".

Ambas organizacións parten da premisa de que “por riba da cuestión nacional, está o problema de clase” e en consecuencia afirmaron que "o obxectivo é claro, como tamén é clara a necesidade de refrendar dende as bases calquera tipo de iniciativa ou proceso que vaia a pelexar pola hexemonía dos traballadores".

Este encontro forma parte da rolda de contactos que Esquerda Unida está levando a cabo con formacións galegas de esquerda para analizar a posibilidade de artellar unha fronte ampla e que nos vindeiros días se completará con xuntanzas con Anova, Ecogaleguistas, Equo ou Esquerda Anticapitalista.

Coordinadora nacional de ANova CC-BY-SA Praza Pública
Yolanda Díaz CC-BY Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.