Haberá tres debates a dous entre PPdeG, PSdeG e BNG

Feijóo, Vázquez e Jorquera CC-BY-NC-SA PPdeG/PSdeG/BNG

Haberá debate electoral. Será na primeira semana de campaña e serán tres, coa participación de PPdeG, PSdeG e BNG, que confrontarán os seus proxectos  a partir do luns 8 na CRTVG. Este luns 8 de outubro será a quenda de Alberto Núñez Feijoo e Pachi Vázquez. O martes 9 debaterán Vázquez e Jorquera. E o mércores celebrarase o encontro entre o  candidato do PP e o do BNG.

Será a primeira vez dende 1993 (co Fraga-Sánchez Presedo) que haxa debates electorais nuns comicios autonómicos galegos

Falárase de outras opcións, coma o venres 5, desbotado por coincidir cun partido do Celta. Socialistas e nacionalistas ofrecéranse dende un inicio a participar en calquera tipo de debate, sen condicións, e finalmente os populares aceptaron a celebración dos encontros co criterio que o partido de Núñez Feijoo sempre fixara: que non houbese un debate a tres, que interpretaban como un "dous contra un". Será a primeira vez dende 1993 (co Fraga-Sánchez Presedo) que haxa debates electorais nuns comicios autonómicos galegos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.