Máis de douscentos intelectuais galegos apoian a Alternativa Galega para o 21-O

Xente escoitando fóra do auditorio o mitin de AGE en Vigo CC-BY AGE

Máis de douscentos persoeiros da cultura, entre os que se inclúen artistas, músicos, actores, escritores ou catedráticos de universidade, veñen de apoiar nun manifesto a candidatura da Alternativa Galega de Esquerda (AGE) de cara ás vindeiras eleccións do domingo 21. Entre os asinantes atópanse figuras como Xosé Luís Mendez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Julián Hernández, Antonio Durán Morris ou Manuel Rivas.

Ferrín, Alonso Montero, Julián Hernández, Morris ou Manuel Rivas son algúns dos asinantes

O manifesto, tal e como explica AGE nun comunicado, subliña que "Galicia é unha entidade material construída historicamente por homes e mulleres pertencentes ao mundo do traballo, pero tamén é unha construción simbólica articulada conscientemente por unha tradición cultural e de creación artística rica, moderna e profundamente comprometida co pobo traballador ao longo da historia". "É unha construción permanente que ten como máis evidente medida, no presente e no futuro, nos alicerces e nos horizontes, a nosa lingua", destaca o texto, que denuncia que "o PP e mais Feijóo entraron no goberno asumindo como labor prioritario o de desestruturaren a capacidade simbólica de toda expresión cultural, creativa e artística, a consigna de destruíren a nosa cultura e a nosa lingua como garantes do proxecto nacional galego de democracia, xustiza e dignidade".

"A Xunta de Feijóo desmontou canto puido o noso sistema cultural", denuncia o texto

"Prolongaron e aumentaron a hipoteca do Gaiás mentres que, coa falacia dos recortes, desmontaron canto puideron o noso sistema cultural; abríronlle o espiche ao simulacro e afogaron a infraestrutura de creación audiovisual e artes escénicas; fomentaron a cultura do espectáculo e do consumo e derrubaron a cultura da participación social e activa; e a edición, as bibliotecas, o libro…", denuncia con dureza o manifesto, que amosa o seu apoio á coalición liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz.

Así, os asinantes do manifesto destacan que “Alternativa Galega de Esquerda é capaz de unir nun mesmo proxecto de intervención política, de emancipación nacional e social, dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e EU, coas achegas de Equo e Espazo Ecogaleguista”.

A listaxe completa dos asinantes é a seguinte:

Francisco Xavier Abilleira Cortegoso (poeta)
Xulio Abonjo (actor)
Fernando Acuña Castroviejo (arqueólogo)
Agustín Agra (escritor)
Casilda Alfaro (actriz)
Alberto Alonso (cineasta)
Fran Alonso (escritor)
Antonio A. Alonso (científico)
Xesús Alonso Montero (académico)
Manuel Álvarez (músico)
Salomé Álvarez Blanco (profesora)
Berta Álvarez Cáccamo (pintora)
Xosé María Álvarez Cáccamo (escritor)
Maribel Álvarez Ilarri (ensinante)
Juanjo Amado (técnico de teatro)
Gonzalo Amoedo López (historiador)
Anxo Angueira (escritor)
Inma Antonio (actriz)
Vicente Araguas (escritor)
Gonzalo Araúxo (artista plástico)
Alberto Ardid (pintor)
Rafael Balado (escritor)
Carmen Bar Cendón (profesora)
Alfonso Bar Fernández (ensinante)
Manuel M. Barreiro (editor)
Suso Basterrechea (artista)
Rober Bass (profesor do audiovisual)
Carmen Becerra Suárez (profesora)
Juana Beiras (profesora)
Emilio Bellas Jiménez (profesor)
Rosa Benavides (restauradora)
Teresa Bermúdez (ensaísta)
X. Antón Bocixa Rei (músico)
Blanca Caamaño González (profesora)
Manuel Caamaño (etnógrafo)
Anxo Cabada (fotógrafo)
Darío Xohán Cabana (escritor)
Félix Cal Cortizas (fotógrafo)
Mar Caldas (artista)
Mónica Camaño (actriz)
Paula Carballeira (escritora)
Fernando Carrera Ramírez (arqueólogo)
Arturo Casas (poeta, crítico literario)
Fernando Casás (artista plástico)
Iago Castro Buerger (escritor)
Angel Cerviño (artista plástico e escritor)
Antela Cid (actriz)
Ariadna Cid (lcda. Ciencias do Mar)
Sara Cid (profesora)
Lucía Cid (actriz de dobraxe)
Xosé Cid Cabido (escritor)
Luís Cochón (escritor)
Xabier Cordal (escritor)
Pilar Comesaña (xornalista)
José Constenla (xeógrafo e cantautor)
Suso Cortegoso (actor)
Ledicia Costas Álvarez (escritora)
Angel Culebras, (profesor)
Anxos Cuña Bóveda (directora de teatro)
Berta Dávila Fernández (escritora)
María Luisa del Olmo Casalderrey (ensinante)
Salvador del Río (actor)
Xoán Calros de Dios González (artista plástico)
Manuel Dacosta Pardo (profesor)
Luís Davila (debuxante)
Óscar Díaz Fouces (lingüísta)
Antón Dobao (escritor)
Antonio Doñate Mañeu (deseñador)
Antonio Durán Morris (actor)
Rosa Enríquez (poeta)
Xosé Manuel Eyré Val (escritor)
Xosé Ramón Fandiño (editor)
Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor)
Ana María Fernández (tradutora)
Iago Fernández Camaño (músico)
Leo Fernández Campos (músico)
Adriana Fernández Lagoa (escritora)
Millán Fernández López (politólogo)
Francisco Fernández Rei (académico)
Carlos Fontes (escritor)
Manuel Forcadela (escritor)
Xosé Luís Franco Grande (académico)
Moncha Fuentes Arias (profesora e tradutora)
Marcos Gallego Prieto (músico)
Casilda García Alfaro (actriz)
Xosé Manuel García Crego (editor)
Beatriz García-Ramos (ensinante)
Xenaro García Suárez (escritor e matemático)
José Gómez Alén (historiador)
Luís Gonçales Blasco (escritor)
Amando González (pintor)
Ania González (xestora cultural)
Nolim González (poeta)
Xosé González (director do SNL de Redondela)
Alberto González-Alegre (crítico de arte)
María Fe González Fernández (tradutora)
Brais González Pérez (escritor)
Ricardo Gurriarán (historiador)
Gonzalo Hermo (poeta)
Julián Hernández (músico)
Ánxel Huete (pintor)
Emilio Xosé Insua López (escritor)
Rai Iglesias (deseñador gráfico)
Baldomero Iglesias Dobarrio (músico)
Manuel Igrexas Rodríguez (historiador)
Xosé Antón Laxe Martiñán (poeta)
Emma Lázare (tradutora)
Ramiro Ledo Cordeiro (cineasta)
Alberto Lema (escritor)
Catuxa López Pato (tradutora)
Celso X. López Pazos (crítico cinematográfico)
Manuel Lorenzo Baleirón (escritor)
Gustavo Luca de Tena (xornalista)
Betty M. León Fong (profesora)
Flor Maceiras (actriz)
Bernardo Maiz (historiador)
J. Javier Mariño Sieiro (ensinante)
Sabela Martínez (libreira)
Beli Martínez (productora audiovisual)
Gemma Martínez (editora)
Xurxo Martínez (investigador)
Xulio Anxo Martínez Costas (músico)
Chema Martínez Rodríguez (químico)
Luís Martínez Romero (pintor)
Mina Marx (investigadora)
Antón Mascato (editor)
Xulio Maside (pintor)
Xulián Maure (editor)
Carlos Méixome (historiador)
Oriana Méndez (escritora)
Xosé Luís Méndez Ferrín (académico)
Xoán Montero (tradutor)
Vicente Montoto (actor)
Emilio Neira Abuín (tradutor)
Francisco Niño Ricoi (profesor)
Carlos Núñez Rodríguez (publicista)
Lolina Ojea (fotógrafa)
Xián Otero Camanho (investigador)
Olalla Otero Camaño (paisaxista)
Manuel Outeiriño Gallego (ensaísta)
José Luis Outes Ruso (economista)
Xan Pardiñas (pintor)
Zé Paredes (actor)
Chus Pato (poeta)
Claudio Pato (poeta)
Begoña Paz (escritora)
Cándido Pazó (actor)
Rosalia Pazo Maside (artista)
José Luis Outes Ruso, (profesor)
Xosé Manuel Pazos (autor teatral)
Bernardo Penabade (profesor)
Silvia Penas (escritora)
Pilar Pérez Faxil (documentalista)
Miguel Pérez Pereira (profesor)
Miguel Pernas (actor)
Héitor Picallo Fuentes (ilustrador)
Francisco Pillado Maior (editor)
Iria Pinheiro (cabareteira)
Xosé Pintado Valverde (científico)
Laura Ponte (actriz)
Lito Portela (pintor)
Iván Prado (pallaso)
Alba Prol Cid (realizadora)
Xavier Queipo (escritor)
Mercedes Quiroga Barros (ensinante)
Almudena Quintáns (bibliotecaria)
Begoña R. Outeiro (escritora)
Tatán R. Cunha (titiriteiro)
Abe Rábade (músico)
María do Cebreiro Rábade Villar (escritora)
Henrique Rabuñal (escritor)
Alberto Ramos Álvarez (escritor)
Paz Raña Lama (escritora)
Luís Rei Núñez (escritor)
Xosé Luís Regueira (académico)
Gabriel Reigosa Centelles (músico)
Elvira Ribeiro Tobío (poeta)
Manuel Rivas (académico)
Alfonso Rivas (economista)
Aitor Rivas Rodríguez (activista cultural)
David Rodríguez (deseñador)
David Rodríguez (escritor)
Xavier Rodríguez Baixeras (poeta)
Miriam Rodríguez Domínguez (realizadora)
Luciano Rodríguez Gómez (ensaísta)
Mª Esther Rodríguez Losada (profesora)
Anxo Rodríguez Ratel (poeta)
Modesto Román González (restaurador)
Manuel M. Romón (poeta)
Nieves Rouco (psicopedagoga)
Mercedes Rozas (crítica de arte)
Francisco Sampedro (filósofo)
Víctor Santidrián (historiador)
Carlos Santiago (dramaturgo)
Manoel Santos (escritor e editor)
Xosé Luís Santos Cabanas (escritor)
Xosé Manuel Sardiña (lingüista)
Xosé Manuel Sarille (escritor)
José Luis Seara, (artista plástico)
Isabel Seoane (profesora)
Xavier Seoane (escritor)
Hilary Siebert Schwartz (profesora)
Begoña Sío Castiñeira (profesora)
Iria Sobrino (arquitecta)
Xosé Bieito Sousa Rodríguez (profesor)
Diego Taboada (escritor)
Xosé Luís Tembra Peneireiro (activista cultural)
Xaime Toxo (escritor)
Gonzalo Vázquez (deseñador)
Rexina Vega (escritora)
Roi Vidal Ponte (director e dramaturgo)
Manuel Vázquez Fernández (cantautor)
Manuel Vidal Villaverde (escritor)
Xosé Lois Vilar (historiador)
Malores Villanueva (profesora)
Xabier Xil Xardón (poeta)
Isaac Xubín (poeta)

Imaxe du mitin de AGE en Lugo durante a campaña electoral CC-BY-NC-SA AGE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.