Abrente non apoiará a lista da UPG e tampouco presentará unha candidatura alternativa

Aymerich intervén na asemblea constituínte de Abrente CC-BY-SA Praza Pública

Abrente non apoiará a lista da UPG na Asemblea Nacional que o BNG celebrará o 16 e 17 de marzo e tampouco presentará unha candidatura alternativa. O colectivo liderado por Carlos Aymerich quedará fóra polo tanto dos órganos de dirección do Bloque, que serán copadas pola UPG e os grupos e candidatos independentes afíns. A decisión adoptouse este sábado nunha xuntanza que tamén reafirmou a súa intención xa anunciada de desmarcarse do documento base da asemblea e defender un voto particular fronte ás teses oficiais.

A xuntanza celebrada polo colectivo incidiu nas súas críticas á actual liña política, que na súa opinión "conduce o BNG á marxinalidade"

A xuntanza celebrada polo colectivo incidiu nas súas críticas á actual liña política, que na súa opinión "conduce o BNG á marxinalidade" e criticou que se queira facer "unha revisión do que fixo o BNG dende a asemblea do Carballiño en 1987". Abrente cosidera que núcleo dirixente procura "unha organización cun partido hexemónico e con independentes arredor" que tome "o camiño contrario ao que se fixo nestes anos, de achegarse á sociedade" e critica que dende o Bloque se opte por unha alianzas con forzas do independentismo. Apóstase por traballar por unha unidade do nacionalismo con vocación maioritaria que sume cidadáns ao proxecto e non cara a unha unidade na que "non hai xente".

Apóstase por traballar por unha unidade do nacionalismo con vocación maioritaria que sume cidadáns ao proxecto e non cara a unha unidade na que "non hai xente"

"Unha cousa é que permanezamos leais ao BNG e outra, que abdiquemos das nosas ideas", afirman e rexeitan "entrar en debates que o único que perseguen é levantar valados no campo do nacionalismo, cando co que hai que facer é deitalos abaixo". Abrente salienta que está "onde sempre: no nacionalismo de esquerdas democrático".

Abrente apostará na Asemblea por mudar o actual modelo de funcionamento interno do BNG, que na súa opinión debe "establecer un novo marco organizativo que, respectando a pluralidade existente na organización, elimine as barreiras derivadas da esixencia de partidos e colectivos internos". É dicir, superar o actual modelo frontista.

Aymerich intervén na asemblea constituínte de Abrente CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.