0 Gardados para despois

Dorribo empeñou Nupel a base de préstamos para sufragar coches, 'Visas' e iates

Lara GrañaLara Graña | @lara_grana


O préstamo de preto de tres millóns de euros que Jorge Dorribo obtivo, coa presunta intermediación do exdirector xeral do Igape, Joaquín Varela, desde o BEI (Banco Europeo de Investimentos) estaba atado coa hipoteca sobre os bens de Nupel e un plan de negocio máis que ambicioso. O laboratorio aseguraba que ía experimentar un crecemento de máis do 20% en tres anos malia á crise económica. E, sobre todo, aínda que isto non se dicía abertamente, malia ser unha empresa con graves problemas de liquidez. A administración concursal de Laboratorios Asociados Nupel asegura que existen probras de cobro de dividendos en B e da falsificación de información mercantil. As contas estaban presuntamente maquilladas. Se Varela coñecía ou non a quebra de Nupel é algo que, cando menos no sumario, non se explicita. Si consta que Dorribo apurou ao máximo o cobro dos dous tramos do crédito blando ante a complexa situación pola que atravesaba.

Todos os datos de contabilidade de Nupel evidenciaban que non podía facer fronte a unha inversión de máis de seis millóns millóns de euros

Tanto o volume de negocio, o incremento dos gastos financeiros ou outras partidas como os fondos propios ou o circulante. Todos os datos de contabilidade de Nupel evidenciaban que non podía facer fronte a unha inversión de máis de seis millóns millóns de euros. Case tres chegaron do BEI a través dun préstamo. Segundo aparece nas contas da compañía, o ambicioso proxecto de unidose non absorbía todo o capital procedente do endebedamento, os préstamos públicos ou das vendas.

 

Cunhas perdas superiores aos doce millóns de euros en 2010, Nupel formalizou préstamos con diversas entidades bancarias para a adquisición de coches de luxo e embarcacións de recreo. En total o gasto superou os tres millóns de euros. Como consecuencia disto, a firma tivo que asumir gastos financeiros polo xuro desa débeda po case 630.000 euros. Outros 400.000 euros se rexitraron "en concepto de desconto de efectos e operacións de factoring".

Cunhas perdas superiores aos doce millóns de euros en 2010, Nupel formalizou préstamos para a adquisición de coches de luxo e embarcacións de recreo

Ese endebedamente está incluído dentro dun amplo capítulo que fai referencia aos investimentos realizadas con fondos alleos (préstamos, leasing...) para a compra destes bens de luxo "totalmente innecesarios para a actividade da empresa", apuntan os administradores concursais. O investimento máis caro foi o dunha "embarcación Sacs", por máis de 415.000 euros. É case un cuarto do gasto en personal de Laboratorios Nupel.

Jorge Dorribo mercou tamén un Rolls Royce por 347.586,20 euros e que acabou vendendo por 134.074,46; un Maserati de 122.735.14 euros que vendería por menos de 27.000; ou un Porche 997 GT3 que lle costou 122.895,46 euros e o malvendeu por 63.000. Estas operacións de compra e venda (con prezos moi rebaixados) tamén provocaron perdas por máis de 620.000 euros.

 

Anthea Uno

Avelin Uno

Aveline

Kapi

Mansoor, o iate de luxo de Dorribo

Naranja Mecánica

Sahilo Dos

As embarcacións do caso 'Campeón'

As pesquisas da Axencia Tributaria permitiron coñecer o importante número de embarcacións ligadas á trama presuntamente liderada polo empresario Jorge Dorribo, que van dende as lanchas rápidas ata os iates de luxo. 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.

Lapelas Versión despregada

Papel pelota ou de colusión

O papel pelota ou de colusión é un método, que pode chegar a ser ilegal, para crear liquidez inmediata nunha empresa con graves problemas económicos. Supón a creación, ás veces da nada, de efectivo. Trátase de instrumentos de pagamento, non de financiamento. Un empresario pode enganar ao director dunha oficina bancaria cun pagaré que el mesmo crea (ou outro intrumento de pago dun negocio) para que na sucursal se lle abone como se ese título tivese correspondencia cunha actividade concreta.

Ningunha entidade bancaria abría xa a Jorge Dorribo as liñas de crédito que pedía

Os administradores concursales atoparon evidencias desta práctica na contabilidade de Laboratorios Nupel. O uso destes instrumentos supón un maior custo financeiro en tanto se bota man, de novo, do endebedamento. Semella, por esta conclusión, que ningunha entidade bancaria abría xa a Jorge Dorribo ningunha liña de crédito.

Contabilidade de sobre

En 2009 percibiron preto de 245.000 euros en dividendos da compañía, uns datos que se aprecian tras analizar a contabilidade en B. Os beneficios foran de 450.000 euros. Un ano máis tarde, cando Laboratorios Nupel xa tiña unhas perdas superiores aos doce millóns de euros, o dividendo en B repartido foi case o mesmo: 231.472,42 euros euros. 90.270 euros para Dorribo e o seu socio, Arsenio Méndez; 37.836 euros para Antigüedades Alicante El Malecón (controlada polas mulleres de Dorribo e Méndez) e 8.639 e 4.456 euros para Xorima Patrimonio e Eduardo Amigo, respectivamente.

O mesmo ano, e tamén na contabilidade en B, se rexistran créditos a curto prazo con Dorribo e Méndez por tres millóns de euros. Hai tamén contabilizadas unhas disposicións para a tarxeta Visa de Jorge Dorribo por 11.211,75 euros e de 95.278,52 euros por parte de Arsenio Méndez.