A Deputación de Pontevedra aproba un convenio publicitario de 200 mil euros con La Voz

Dominio Público Praza Pública

A Xunta de Goberno do organismo provincial do 23 de marzo contratou a inserción de publicidade nos distintos medios impresos, dixitais radiofónicos e televisivos do grupo Corporación Voz de Galicia, S.L.U. O obxectivo é a "difusión das actividades da Deputación de Pontevedra".

O prego de condicións especifica que "ó existir unha única empresa que pode realizar o contrato por razóns de exclusividade non se fai necesario publicar un anuncio do mesmo"

En concreto, o convenio aprobado consistitrá na inserción en La Voz de Galicia de 2.500 módulos publicitarios para distribuír en todas as edicións da provincia de Pontevedra, 10 páxinas especiais na edición provincial do xornal e 8 páxinas especiais nas edicións comarcais do xornal (Arousa, Deza, Pontevedra e Vigo). Un total de 149 mil euros.

En Radio Voz a Deputación patrocinará o programa Viaje con nosotros e inserirá publicidade ao longo do ano 2012 (cuñas, microespazos, etc.). Un total de 15 mil euros. En V Televisión o organizasmo provincial contratou 128 spots para emitir durante catro meses no programa Vía V. Un total de 18 mil euros. E en lavozdegalicia.es, inserirase un banner de 300 x 80 píxels durante cinco meses. Un total de 18 mil euros.

O custe total do convenio é que 199.999,97€

O custe total do convenio é que 199.999,97€, con cargo á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.20 do orzamento prorrogado do 2011 ao 2012. Pódese consultar a acta da Xunta de goberno no Boletín Oficial da Provincia deste mércores.

O prego de condicións especifica que "ó existir unha única empresa que pode realizar o contrato por razóns de exclusividade (artigo 174 d do R.d.l. 3/2011) non se fai necesario publicar un anuncio do mesmo en aplicación do artigo 31 1. B da Directiva 2004/18/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 31 de marzo de 2004 sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministración e de servizos". A exclusividade refírese a que o obxecto do contrato é a difusión de actividades da Deputación nos medios da Corporación Voz de Galicia, sobre os que obviamente a empresa ten a exclusividade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.