0 Gardados para despois

Case noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


Case noventa concellos galegos contarán nas eleccións do 24 de maio con candidaturas cidadás, veciñais ou de confluencia de esquerdas. E algúns mesmo por partida dobre (ou triple). Despois duns meses moi axitados, os últimos días antes do peche do prazo para presentar listas acabaron por conformar un panorama moi diverso, no que se mesturan candidaturas totalmente asemblearias con outras nas que o peso dos partidos é evidente, sobre todo no caso de Podemos por unha banda, e de Esquerda Unida, Anova pola outra, ademais de Espazo Ecosocialista ou Equo.

Algunhas destas candidaturas agrúpanse baixo marcas coma SON, impulsada por Anova e Esquerda Unida, que suma case medio cento de listas en todo o país. Cómpre ter en conta que ademais das candidaturas cidadás ou de confluencia nas que participan unha e outra formación, tanto Anova coma Esquerda Unida presentan listas propias en varias localidades, empregando tamén o apelido "Son" e que non figuran nesta listaxe. É o caso de Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Monforte, A Illa, O Grove, Vilagarcía, Ponteareas, Porriño, Baiona, para Esquerda Unida. E de Arteixo, Bergondo, Cedeira, Manzaneda, Ourense, Toén, Val do Dubra e Teo no de Anova.

Outra marca que tamén se repite en numerosos concellos é a de Participación Democrática Directa, un partido instrumental creado por Somos Maioría para "dar cobertura legal, directa ou en coalición a todas aquelas candidaturas cidadás que xurdiran ao abeiro do seu manifesto".

Noutros lugares foron os círculos locais de Podemos os que impulsaron candidaturas, que en varios casos levan a denominación Pode seguindo ao nome da localidade ou outros nomes, como Gañemos. Finalmente, nun número bastante grande de concellos as candidaturas veciñais non teñen unha relación tan directa con partidos políticos, ou estes diluíron moito máis a súa influencia.

 

A Coruña

 

Lugo:

 

Ourense:

  • O Barco de Valdeorras. Riada Cidadá. Félix García Yáñez
  • Beariz. Alternativa para Beariz - SON. Manuel Ogando Penela
  • Boborás. Xuntos por Boborás - SON. Manuel González Rodríguez.
  • O Carballiño. Alternativa Veciñal do Carballiño - SON. Bernardino García Novoa.
  • O Irixo. Fai o Irixo - SON. Florentino Pérez Bernárdez.
  • Punxín. Agrupación de Electores Cambio Intelixente de Punxín. Joaquín Moldes González
  • Pereiro de Aguiar. SON de Pereiro de Aguiar. Jorge González Lamas
  • Ourense. Ourense en Común. Miguel Doval Garza.
  • Taboadela. Candidatura Veciñal de Taboadela. Xosé Antón Calviño
  • Xinzo de Limia. Xinzo Adiante. Manuel Pérez Campos
  • Xunqueira de Ambía. Iniciativa por Xunqueira. Eladi Cid Babarro
  • Pobra de Trives. SON de Trives. Jorge Vázquez Rodríguez
  • Ribadavia. Agrupación de Electores Ribeiro en Común. Brais Fidalgo Martínez.
  • Monterrei. Veciños de Monterrei. María del Carmen Sola Pérez
  • Verín. SON Verín. Manuel Pousada Bermúdez.

 

Pontevedra

Candidaturas cidadás e de confluencia

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.