O croio do PP: as vilas medias

Rafa Cuíña co equipo de Compromiso por Lalín CC-BY Praza Pública

As vilas medias foron unha pedra no zapato do PP galego. Se miramos o cómputo xeral de concelleiros o PP baixou de 386 concelleiros a 335 en Lugo, de 592 a 517 na Coruña, de 476 a 372 en Pontevedra e de 544 a 509 en Ourense. Nin sequera o baltarismo impediu que non se mollasen un pouco os mobles nesta última provincia

Pontevedra e o bastión lalinense

Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín. Baixa de 14 actas a  10. Entra con forza Compromiso por Galicia con Rafa Cuíña que consegue 6 actas. Supera así ao PSdeG, con 3 e o BNG e APAC logran 1 acta cada un. Así podería darse un goberno a 4 que desbancaría ao PP do concello do que, por certo, queda fóra o PGD.

En Vilagarcía o PP perde o concello ao baixar de 10 a 7. A subida do PSOE de 5 a 8 e a entrada de EU-Son con 3 e o BNG con 2 é suficiente para un apoio na investidura ou, mesmo, un pacto.

O Grove volve ser socialista. O PP perde 3 actas e o PSOE sube a 8, co que non lle faría falta ningún pacto para gobernar a terra meca. Nigrán tampouco continúa sendo azul. O PP pasa de 9 a 6, o PSOE de 6 a 7, o BNG mantense en 1 e Son acada 2.

Dúas actas foi o que baixaron os populares no Porriño ao pasar de 10 a 8, o PSOE baixou de 5 a 4, o BNG mantívose en 2, Son quedou con 1 e UDDL con 2, polo que os opositores poderían actar. En Ponteareas o descenso de 9 a 7 do PP daríalle a PSOE e BNG marxe para pactar, pois suman 9 actas entre os dous, 4 e 5 respectivamente.

Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín. Baixa de 14 actas a  10. Entra con forza Compromiso por Galicia con Rafa Cuíña que consegue 6 actas

A oposición tamén poderá explorar gobernos alternativos ao PP en Barro, Caldas de Reis ou Gondomar.

Despexadas dúbidas na Coruña

Varios concellos tiñan abertas incógnitas nesta provincia. En Arzúa o equipo de goberno marchaba do BNG tras unha lexislatura convulsa e presentábase como independentes. Así o PP vía unha fiestra aberta para subir os 6 concelleiros que posuían. Porén o resultado final foi de 7 para Alternativa por Arzúa, a escisión do BNG, 4 para o PP, 1 para o PSOE e 1 para CxG. O BNG quedou sen representación.

A marcha de Martiño Noriega para Santiago de Compostela tamén supuxo un bo argumento para o PP teense. Porén, tras unha desputada xornada, a forza máis votada foi Son de Teo, co relevo de Martiño, Rafa Sisto. Así o resultado foi de 7 para Son de Teo, 7 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG.

En Teo tras unha desputada xornada, a forza máis votada foi Son de Teo, co relevo de Martiño, Rafa Sisto. Así o resultado foi de 7 para Son de Teo, 7 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG.

En Ortigueira o PSOE dálle a volta á tortilla e arrebátalle ao PP o concello. Asi, 7 para o PSOE, 5 para o PP e 1 para o BNG fronte aos 7 do PP e 6 do PSOE da pasada lexislatura.

En Fene o PPdeG tamén pode perder o goberno ao conseguir só 7 actas. Así o PSOE e o BNG poderían chegar a 7 cun pacto no que se poderían incorporar EU ou o PDDdeG.

Outros lugares nos que a oposición poderá explorar alternativas de goberno son Fisterra, Miño (onde CxG é chave de goberno) ou Ponteceso.

O BNG mellora onde goberna

Así en Allariz o BNG mantense con 9 mentres que o PP perde 1 en favor do PSOE cun resultado de 3 os populares e 1 os socialistas. En Zas o BNG conserva os 8 coa única oposición dos 3 edís do PP.

Evencio Ferreiro sube en Carballo un edil e chega así aos 11 mentres que o PP se derrumba de 8 a 5, TEGA 3 e o PSOE 2.

En Vimianzo Manuel Antelo deulle unha lección á oposición ao subir de 4 a 8 malia a unha lexislatura complicada con mocións de censura polo medio

En Vimianzo Manuel Antelo deulle unha lección á oposición ao subir de 4 a 8 malia a unha lexislatura complicada con mocións de censura polo medio. O PSOE cae a 1 igual que o PP e TEGA e os independentes conseguen 2 actas. Outra subida importante tamén foi a de Ribadeo onde o BNG subiu de 7 a 10. O PP conserva os seus 4, o PSOE 2 e entra Cidadáns con 1.

En Tomiño revalidou goberno e mesmo subiu un edil,co que suman 10 concelleiros e o PP desplomouse ao baixar de 6 a 4.

Problemas no baltarismo

En Verín gobernaba o PP desde 1995. Vinte anos despois os populares perden o goberno ante o previsible pacto de PSOE e BNG que sumarían 10 coas súas 6 e 4 actas. Así o PP baixa de 10 a 7.

A Rúa tamén marcha das mans do PP co probable pacto entre PSOE e BNG que sumarían 6 fronte aos 5 do PP.

Barbadás tamén pode ser gobernado polas forzas que foron oposición en 2011 pois o PP quedou só con 6 e entre PSOE e BNG sumarían 8 con 5 e 3 concelleiros respectivamente.

Sorpresas lucenses

José María González Barcia non volverá ser alcalde de Burela. Os populares pasan de 7 actas a 4. O PSOE gobernará a vila con 7 concelleiros, o PP baixa a 4 e o BNG queda con 2. Guitiriz tamén esvarou das mans populares. O partido de goberno baixou de 6 a 4 polo que o PSOE pode gobernar en solitario coas súas 6 actas. En Mondoñedo o bipartito pode renovar o seu acordo ao sumar 6 actas (3 PSOE e 3 BNG) fronte a 5 do PP. 

Viveiro pasará a estar gobernada polos socialistas que suben de 6 a 8 mentres que o PP baixa de 6 a 5.

Viveiro segue a estar gobernada polos socialistas que suben de 6 a 8 mentres que o PP baixa de 6 a 5.

En Lourenzá o concello tamén cambiará de cor. O PP baixa de 6 a 5 e o concelleiro que tiña o BNG pasa ao PSOE, o que lle permitirá ter o goberno con 6 actas.

En Mondoñedo o bipartito pode renovar o seu acordo ao sumar 6 actas (3 PSOE e 3 BNG) fronte a 5 do PP

Xermade terá alcalde socialista ao baixar o PP de 6 a 4. PSOE e BNG sumarían 7 concelleiros, 5 e 2 respectivamente.

Tamén houbo sorpresa en Sarria. O PP baixou 2 actas o que podería permitir un goberno tripartito entre o PSOE, CxG e BNG.

Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo © La Voz de Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.