"Non son un hipster, son un ninguén"

O alcalde de Compostela, Martiño Noriega © Óscar Corral

Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias.

Martiño Noriega é o alcalde de Santiago por Compostela Aberta. Durante a campaña electoral lanzou mensaxes que levaban a contra ás enquisas. E non se trabucaba. Gañou e o equipo do lugar no que gobernara antes, Teo, mantivo tamén a alcaldía. Di que o que mellor fixo na vida foi á súa filla Mara. Saúda todos os días nas súas redes sociais cun #GoodMorningVietnam e algunha canción. 

O mellor almorzo leva…

O pan fresco que deixaba a media mañá o camión de reparto da panadería na casa dos pais nos meses de verán.

Nunca saes da casa sen…

Sen teléfono móbil.

O primeiro que pensaches ao entrar no despacho logo da investidura foi…

Que á tradición sobráballe ornamento

Madrugador como o cuco ou ave nocturna como o moucho?

Madrugador por decreto e ave nocturna por vocación.

Cearías con Merkel ou con Christine Lagarde?

Investiría un xaxún.

Stalin ou Trotsky?

R.- Trotsky, por Frida Kahlo.

Que disco lle regalarías a Feijóo?

O “Érguete” de Xenreira (para ver se se lle pega algo)

E a Xulio Ferreiro?

O mano a mano de Aute e Silvio.

Prosa ou poesía?

Prosa poética.

A mellor canción para facer o amor é…

Facer o amor é a mellor banda sonora.

Ataque Escampe ou The Homens?

Ataque Escampe (con Emil Kostad)

Es un hipster?

Xa me gustaría, son un ninguén.

Cal é a túa escena favorita de Good morning, Vietnam?

Aquela na que Robin Williams baila na radio (nunca vin completa a película)

Gorra ou chapeo?

Iso e como ter que escoller entre o pai ou a nai.

Polbo ou churrasco?

Vale, escollo a miña nai.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.