A Xunta anuncia 3.000 novas prazas nas oposicións de sanidade e administración xeral

Oposicións do Sergas no recinto feiral de Silleda en 2016 © Xunta

O Goberno galego aínda ten que negociar cos sindicatos os detalles da convocatoria, correspondente aínda á Oferta Pública de Emprego de 2018 da que só se executaron o pasado verán as prazas de educación

O Goberno galego divulgou tras a reunión semanal do Consello da Xunta deste xoves un informe propagandístico no que avanzou as grandes cifras das convocatorias da Oferta Pública de Emprego (OPE) correspondente a este ano 2018 para a sanidade e a administración xeral que aínda non executou e que se sumarán á de educación que si xa se celebrou o pasado verán con 2.050 prazas en xogo. Para as áreas da administración xeral e a sanidade, cuxos detalles aínda teñen que ser negociados cos sindicatos, o Goberno galego prevé convocar arredor de 3.000 prazas de nova incorporación, 150 de promoción interna e preto de 600 para converter en funcionarios a persoal que xa traballa para a Xunta como laboral fixo.

Segundo asegurou este xoves o presidente Feijóo, cando estea executada por completo a oferta de emprego público de 2018, xa ao longo de 2019, será a maior da última década, con 5.686 prazas, incluídas as 2.050 xa executadas en xuño, das que 397 foron de promoción interna. O detalle facilitado este xoves polo Goberno galego é o seguinte:

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.