Portugal homenaxea a aldea de Cambedo, asaltada pola Garda Civil en 1946 na procura de guerrilleiros antifranquistas
O vindeiro 1 de xuño a Assembleia da República inaugurará un Memorial de pedra co que busca por fin ao "manto de silêncio" que durante décadas ocultou o ataque que forzas das ditaduras española e portuguesa realizaron a esta aldea lusa para asasinar e deter a guerrilleiros antifranquistas que se refuxiaran aquí.