0 Gardados para despois

Os recortes

O 11 de xullo de 2012 Mariano Rajoy anunciaba un duro recorte que chegará ata os 65.000 millóns de euros. A suba do IVE, a mingua das prestacións por desemprego ou a eliminación de parte do salario anual do persoal público supoñen, en boa medida, a tradución práctica do rescate bancario decidido polo Eurogrupo a comezos de xuño.

15 Agosto 2012

10 Agosto 2012

7 Agosto 2012

1 Agosto 2012

31 Xullo 2012

30 Xullo 2012

28 Xullo 2012

23 Xullo 2012

20 Xullo 2012

19 Xullo 2012

  • Milleiros de berros e unha soa voz contra os recortes de Rajoy

    A cidadanía secunda masivamente as protestas unitarias convocadas por CIG, CCOO e UGT para rexeitar o paquete de retalladas do Goberno central en multitudinarias manifestacións que superan todas as expectativas e nas que a xente pide a "dimisión" do Goberno. Os sindicatos falan de 350.000 persoas en toda Galicia. 

  • O Congreso aproba os duros recortes con todos os partidos en contra agás o PP

    O Executivo queda só co apoio do PP ao último paquete de recortes, defendido no pleno polo ministro de Facenda, que volveu meter medo ao advertir xa da liquidación de servizos públicos "porque non hai cartos para pagalos". Rajoy auséntase do debate e regresa tan só para votar a favor dunhas medidas que a oposición considera "un ataque brutal" ao pobo.

  • Xuntos contra os recortes "que nos afectan a todos"

    Milleiros de persoas maniféstanse este xoves contra os duros axustes do Goberno de Mariano Rajoy. As protestas, convocadas polos tres principais sindicatos galegos, prometen ser masivas e unir unha morea de colectivos. Pais de alumnos, afectados polas preferentes ou autónomos explican os seus motivos para a protesta.

18 Xullo 2012

  • Rajoy: "Decidimos entre un mal e un mal peor"

    O presidente do Goberno asume que vén de aplicar a vía "máis dura e difícil" para intentar saír da crise, malia recoñecer que non terá efectos positivos a curto prazo. A sesión de control no Congreso adianta que o PP estará só á hora de aprobar os novos recortes. De Guindos advirte que os cambios lexislativos sobre as preferentes non terán efectos retroactivos e asegura que a UE impón quitas aos afectados de bancos con axuda pública.

17 Xullo 2012

  • "A reforma sanitaria pode custar vidas"

    Cinco organizacións non gobernamentais xuntan case 60.000 sinaturas para esixir que o recorte sanitario garanta as prestacións dos servizos de saúde para toda a poboación, tamén para as persoas inmigrantes, exclusión que, advirten, contradí tratados internacionais asinados polo Goberno español

16 Xullo 2012

15 Xullo 2012

14 Xullo 2012

13 Xullo 2012

  • O Consello de Ministros executa o recorte

    A reunión foi dobre, a primeira presidida polo rei, e á espera de coñecerse todos os detalles, confirmou as medidas adiantadas por Rajoy o mércores. Os funcionarios perden todos os días de libre disposición, agás tres. A suba do IVE entrará en vigor o 1 de setembro, e a dedución por compra de vivenda deixará de aplicarse o 1 de xaneiro. Boa parte dos produtos e servizos aos que se lles aplicaba o tipo reducido pasan a estar gravados polo tipo xeral.

12 Xullo 2012

11 Xullo 2012

10 Xullo 2012

9 Xullo 2012

8 Xullo 2012

6 Xullo 2012

27 Xuño 2012