0 Gardados para despois

Avespa velutina

A praga da avespa asiática non se detén desde que en 2012 se avistasen os primeiros exemplares desta especie invadora. Un insecto que provoca a redución da biodiversidade -nomeadamente pola afectación nas abellas-, causa serios prexuízos económicos no sector apícola e froiteiro e crea riscos de picaduras en traballos forestais, así como inseguridade cidadá. Segundo datos da Consellería de Medio Rural, máis da metade dos concellos estaban afectados a finais de 2015. 

Investigadores/as das universidades galegas que traballan sobre a vespa velutina

"Coa axuda da Xunta en tres anos poderíamos comezar a controlar a expansión da velutina"

A pasada semana a Plataforma Stop Velutina presentou senllas solicitudes ante as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que o Goberno galego achegue recursos para que as universidades investiguen métodos para frear a praga. Falamos con Suso Asorey, voceiro de Asociación Galega de Apicultores