Exame ás contas da Xunta

O Consello de Contas censura que a Xunta modificase en 2015 máis do 10% do seu orzamento
O ente fiscalizador critica que o Goberno galego mova cartos dunhas partidas a outras “en base a estimacións e non a necesidades xurdidas”

A Xunta perdeu 80 millóns de euros por avalar a 30 empresas
Contas censura que o Igape non lle facilita a documentación que precisa para supervisar o seu funcionamento e cuestiona a coordinación das axudas dos distintos departamentos da Xunta

Contas certifica que privatizar o mantemento no Sergas empeorou o servizo e apenas supuxo aforro
O Consello de Contas detectou "incumprimentos" na reparación de equipos, arranxos "incorrectos" ou traballos non realizados, como o persoal vén denunciando dende 2013. Sanidade non prescindiu da empresa ata a fin do contrato por ser "difícil", pero admite que decidiu non renovalo
-
AGE pregunta onde inviste a Xunta a súa débeda se Contas di que non o fai en gasto social
O deputado Ramón Vázquez pide a saída do ente fiscalizador de Dositeo Rodríguez, que cesou nese cargo hai cinco meses.
-
Axudas da Xunta á patronal mineira serviron para pagar restaurantes e subscricións a xornais
O Consello de Contas detecta que subvencións para entidades mineiras "sen ánimo de lucro" acabaron financiando actividades vetadas pola lei de subvencións. A Xunta defende a súa actuación pero asegura que comprobará se existiron irregularidades.
-
Contas certifica que a Xunta beneficiou o presidente de Xóvenes Agricultores
O Goberno galego entregou ao sindicato dous millóns de euros cos que mercou varios locais dos que era copropietario o seu dirixente. A Xunta di que descoñece ese dato e Contas replícalle que os seus propios auditores llo comunicaron.
-
O aforro da Xunta coa redución de 'chiringuitos' foi "residual" e "máis nominal que real"
A Xunta pechou varias entidades pero creou outras, polo que aforro real foi inferior ao 1% dos fondos manexados, di o Consello de Contas, que alerta de "falta de coherencia" na información contable de sete destas entidades.
-
A Xunta, apercibida polos seus orzamentos "escasamente realistas" e o abuso do fondo de imprevistos
O ente fiscalizador constata unha "deficiente orzamentación" de gastos que deberan estar previstos polo Goberno e volve certificar o desprazamento de facturas para anos seguintes, aínda que cunha contía "significativamente" menor á de anos anteriores.
-
Empresas públicas como Seaga e Tragsa subcontratan sen control a metade do que lles encarga a Xunta
Contas critica que o Goberno galego lles fai encomendas de xestión por traballos que debería acometer a propia Administración, o que acabou implicando a conversión en funcionarios de 29 dos seus traballadores só en 2013. Ademais, a Xunta non supervisa as subcontratacións que fan nin xustifica que sexa máis barato encargarlles eses traballos que facelos ela mesma.
-
A Xunta non avalía se as axudas de normalización lingüística funcionan, di Contas
O Consello de Contas repróchalle ao Goberno nos seus informes de 2013 que conceda subvencións para a promoción do galego sen "avaliar" o seu impacto nin comprobar se teñen "incidencia efectiva na dinamización da lingua"