0 Gardados para despois

Heterotopias refuxiadas

Heterotopias Refuxiadas é un proxecto xornalístico multimedia de Praza.gal que se desenvolve no mes de agosto en Grecia para afondar na situación das persoas refuxiadas e nas realidades vinculadas a elas

Natasha, en Grecia

Natasha: o calvario das outras refuxiadas

Esta muller transexual paquistaní abandonou o seu país rumbo a Europa. Non deixou atrás unha guerra, pero si unha violencia extrema que seguiu durante a súa odisea até Grecia, desde onde espera chegar a España cun visado humanitario que debe conceder o Goberno central. Vídeo no interior.

Roula, xunto a un dos pequenos refuxiados que acolle

Roula, a muller grega que acolleu cen refuxiadas

VÍDEO-REPORTAXE Na casa desta xubilada en Kavala xa viron a luz tres pequenos e varias persoas recuperáronse de graves doenzas. "Non aturabamos ver como toda Europa lles daba as costas", di quen convive agora cun sirio e unha familia curda. "Con elas chegou a alegría", asegura. 

  • Skala Sikaminea, unha vila de Nobel

    VÍDEORREPORTAXE A pequena localidade da illa de Lesbos ten varios veciños como candidatos ao premio Nobel da Paz pola súa organización e labor para axudar as refuxiadas que chegaban ás súas costas. "Un Nobel non vale para nada; o que queremos é que acabe a guerra", din. 

  • O inhumano campo de Moria, en Lesbos: "Trátannos como animais"

    VÍDEORREPORTAXE O centro de detención é un dos puntos negros do acollemento de refuxiadas en Grecia. Ateigado, con mala comida, abafante calor e escaseza de auga potable, a súa opacidade é total e varias ONG abandonaron xa o recinto ante a vulneración dos dereitos das persoas. 

  • O 'oasis' de Kara Tepe: onde as refuxiadas son hóspedes

    VÍDEORREPORTAXE O proxecto Refuxiados pasa un día neste campamento para persoas vulnerables, un exemplo e modelo en Europa sobre o tratamento aos desprazados, aos que "proporcionan coidados e garanten os seus dereitos" para "preservar a dignidade". 

  • Aylan: un ano despois, 400 nenos máis afogados no Mediterráneo

    Este venres cúmprese un ano da morte e imaxe do cativo curdo que axitou as conciencias de millóns de persoas. 365 días despois, a realidade das desprazadas segue a ser igual de crítica tras a ineficaz política da UE. Dende 2014, máis de 10.000 migrantes perderon a vida no Mediterráneo. 

  • Proactiva Open Arms: arriscando vidas para salvar milleiros

    VÍDEORREPORTAXE A organización humanitaria catalá continúa a salvar vidas a diario no Mediterráneo, a última vez o pasado luns, cando participou no rescate de 6.500 persoas. Só eles realizan actuacións directas no mar. "Non abandonaremos mentres haxa xente que poida morrer afogada"

     

  • A solidariedade cos refuxiados impulsa en Lesbos novos modelos turísticos

    A illa pasou en pouco tempo dunha economía e modo de vida baseada na pesca e no turismo a axudar milleiros de refuxiados e ser mundialmente recoñecida. Varias iniciativas impulsan proxectos alternativos e sostibles baseados nos valores humanos e que compensen o descenso de visitantes.