0 Gardados para despois

Caso Jimmy

Ningún condenado, ningún imputado. Pasados máis de tres anos, a morte do seareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada vai camiño de quedar impune. Despois daquela brutal malleira que acabou con Jimmy no río Manzanares, ningún ultra está a ser investigado por homicidio malia a petición do fiscal e a versión da policía. Aquela masiva pelexa entre Riazor Blues e Frente Atlético daquel 30 de novembro de 2014 cambiou a seguridade nos estadios, puxo en marcha varias iniciativas contra a violencia e pareceu concienciar o mundo do fútbol. Pero o xuíz que leva o caso decretara o arquivo dunha causa que foi reaberta e agora continúa apañando declaracións

Pantalla de Riazor no partido de Copa ante o Betis

Riazor e o Deportivo claman contra a "impunidade" polo asasinato de Jimmy

A bancada berrou contra o Frente Atlético e o club pediu #XustizaparaJimmy nas pantallas xigantes do estadio e nun duro comunicado. A entidade censura "a desidia e impunidade" que arrodea o crime e denuncia "o rotundo fracaso da xustiza". "Así é difícil crer no sistema", di o presidente.