Máis malestar con Monbus: sen sitio no bus para ir traballar de Santiago á Coruña
Media ducia de persoas quedaron en terra ao intentar coller o autobús das 6:45 que une as dúas cidades, un microbús de só 19 prazas. A plataforma de afectados polos continuos problemas na liña pide "inspeccións e solucións inmediatas" á Xunta nun servizo "con capacidade insuficiente para a demanda real".