0 Gardados para despois

Que turismo?

Barcos fondeados na praia de Rodas das illas Cíes

O novo sistema de acceso ás Cíes só reducirá un 6% o número de visitantes autorizados en tempada alta

Os grupos ecoloxistas urxen o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque, que iniciou esta semana o seu periodo de información pública. A Xunta prevé aprobalo no último trimestre de 2018, con 15 anos de atraso. As novas normas limitarán a 2.800 as entradas autorizadas (hoxe fixadas en 3.000). Introducirán por primeira vez, iso si, unha limitación nas Ons.

Urbanismo disperso na costa de Barreiros

A Xunta subvenciona vivendas turísticas en Barreiros tras admitir que é insostible seguir construíndo alí

Economía, cun programa de fondos europeos para “actividades non agrícolas en zonas rurais”, pon 65.000 dos 166.000 euros que custan 5 cabanas para alugueiro. Ao tempo, Medio Ambiente critica que xa haxa 2.846 segundas residencias e 687 vivendas baleiras.