Case 17 anos de prisión para o vigués que tratou de asasinar a súa exparella e lle queimou o 28% do corpo
A Audiencia de Pontevedra considera probado que o condenado levou a cabo este intento de asasinato "movido por un sentimento de superioridade e posesión" cara á vítima "como muller e parella"; e incide en que o vigués se mantivo "sen aceptar a ruptura" da relación e non cesou na súa intención de "dominar e menosprezar" a vítima