0 Gardados para despois

O affaire Conde Roa

O pasado 3 de abril o diario El País desvelaba a denuncia da Fiscalía contra o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, por unha presunta fraude fiscal, derivada do impagamento de 291.000 euros do IVE de máis de medio cento de vivendas vendidas por Geslander, a súa promotora inmobiliaria. A débeda co erario, recoñecida publicamente polo rexedor compostelán, compromete o seu futuro na Alcaldía e pon o foco nas decisións políticas que o PP poida tomar sobre el.

Maca Igrejas

"Molesta aquilo que é crítico e busca algo diferente á cidade-postal que eles tenhem predefinida"

Em junho de 2010 a Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel foi sancionada com umha multa de 1500€ por colocar umha faixa na praça na qual se celebrava a cacharela. Nela podia-se ler "na Galiza só em galego" Esta multa de 1500 € por "ocupaçom indevida da via pública" está imposta polo anterior bipartido e executada polo presente governo municipal. Neste 9 de abril terá lugar o julgamento contra a associação, que propôs que este dia fosse declarado Dia do Asociacionismo Cultural. Falamos con Maca Igrejas.

Conde Roa e Feijóo

Conde Roa anunciará a súa dimisión

O alcalde de Santiago abandona presionado polo PPdeG e logo de manter unha reunión de urxencia co presidente Feijóo. Decide deixar o cargo horas antes da decisión do xuíz que case con total seguridade decidirá imputalo por presunta fraude fiscal.

  • Leo Bassi 1 - Conde Roa 0

    Coa dimisión do alcalde compostelán polas súas débedas con Facenda péchanse quince días dun espectáculo que pouco axudou á imaxe da cidade. No especial dedicado a este tema podedes seguir a evolución dos acontecementos, dende a prohibición de que Leo Bassi actuase no Teatro Principal, as revelacións sobre o fraude cometido por Conde Roa ou o acto convocado polo cómico italiano no Obradoiro, que podedes ver neste vídeo.

  • O substituto de Conde Roa, continuísta pero tranquilo

    Ángel Currás toma o bastón de mando da capital galega asegurando que cambia "o capitán" pero non "a nave", aínda que cos retos de apaciguar a alterada vida municipal compostelá e de lograr o apoio de todo o seu propio equipo

  • “Non son demócratas, son os fascistas de sempre”

    Leo Bassi, enfundado en traxe tradicional e ao son das gaitas, homenaxeou hoxe a Prisciliano e cargou contra “a censura”  nun acto na Praza do Obradoiro que tiña que culminar na Sala de Prensa do Concello , convidado polo BNG local. Non obstante, as portas da sala estaban pechadas. “Outra censura”, sorprendeuse o artista, que hoxe ofrecerá na Facultade de Comunicación o espectáculo que foi suspendido no Teatro Principal.

  • O esgotamento de deputados na Coruña complícalle ao PP a destitución de Conde Roa

    A substitución do alcalde de Santiago pola súa 'número dous', Paula Prado, motivaría que a nova alcaldesa, deputada pola Coruña, tivese que deixar o Parlamento, onde a lista do PP está esgotada e habería que darlle entrada a suplentes de difícil colocación na Cámara. PSdeG e BNG reiteran a necesidade de que o rexedor compostelán deixe o cargo tras admitir as súas débedas con Facenda.