Indignación docente ao ampliar a Xunta a ofensiva contra as baixas ao profesorado
O conselleiro de Educación liga a falta de docentes que denuncian os sindicatos ás baixas e pide "avalialas" por seren excesivas, nunha estratexia que apoia Rueda, que cualifica de "preocupante" o número. CIG-Ensino, CCOO, BNG e PSdeG denuncian a "criminalización" do profesorado e da clase traballadora.