0 Gardados para despois

Pokémon

A finais de setembro de 2012 un novo caso de presunta corrupción irrompía na precampaña das eleccións autonómicas. A trama Pokémon, a través da cal supostamente empresas como Vendex e Aquagest se facían con concesións municipais 'a dedo', supuxo un verdadeiro terremoto en múltiples concellos do país. O levantamento de parte do segredo de sumario a finais de xaneiro de 2014 devólveo á primeira liña da actualidade.

A xuíza Pilar de Lara, nunha imaxe de arquivo da TVG

O Poder Xudicial expedienta a xuíza Pilar de Lara por atrasar e acumular macrocausas

Tras a inspección do seu xulgado o Consello Xeral do Poder Xudicial considera que a instrutora dos casos Pokémon, Carioca e Garañón puido incorrer en "desatención ou atrasos inxustificados" das causas que instrúe e xerar "incrementos ficticios do volume de traballo" con "manifesto abuso procesual"

Orozco, nunha imaxe de arquivo da súa etapa como alcalde nunha entrevista con Praza.gal

A Fiscalía pide arquivar a acusación contra Orozco ao non achar probas de que recibise cartos da Pokémon

O fiscal desbota seis anos despois que o ex-alcalde de Lugo recibise cartos pola concesión do guindastre, algo que ve demostrado no caso do ex-edil Fernández Liñares, e apoia que a Audiencia acepte o arquivo que solicita. "Sempre dixen que son inocente e o señor fiscal corrobórao", salienta o antigo rexedor socialista