0 Gardados para despois

Que inventen eles!

As universidades galegas atravesan unha crise motivada polos problemas de financiamento (o da USC reduciuse un 20% nos últimos tres anos), que xa está levando a unha degradación da investigación e a docencia, directamente afectados polos recortes decretados por Feijoo e Rajoy, e que podería supoñer un incremento dos prezos das matrículas.

Alumnos e alumnas nunha aula dun ciclo formativo

Os expertos rexeitan o modelo alemán para unha FP que gaña peso en Galicia

Este curso é o primeiro no que hai máis galegos matriculados na formación profesional ca no bacharelato, aínda que as cifras de alumnos se manteñen lonxe da media europea e mesmo de Catalunya onde os alumnos matriculados nos ciclos formativos aumentaron un 50 por cento nos últimos catro anos. Os expertos rexeitan o modelo alemán para a FP e reclaman investimento para manter o bo nivel deste ensino.