A Coruña terá que pagar 14,5 millóns tras outra sentenza contra o urbanismo da etapa de Paco Vázquez
O Supremo rexeita o recurso do Concello por diferenzas na valoración de 134 parcelas da contorna do Castro de Elviña hai case vinte anos. A administración local pagara daquela á veciñanza afectada 12 euros por metro cadrado e o tribunal eleva a 50 o valor dos terreos.