Presos e presas políticas da ditadura piden que Fraga deixe de ser fillo adoptivo da Coruña
Os promotores pedirán o apoio do Goberno local, de PSdeG-PSOE e de BNG para retirarlle a distinción, que lle foi concedida en 1968.
Os promotores pedirán o apoio do Goberno local, de PSdeG-PSOE e de BNG para retirarlle a distinción, que lle foi concedida en 1968.
O persoal da alumineira afronta unha xornada clave a sete días de que remate o prazo de negociación de ERE e comecen os despedimentos. Unha mobilización en Madrid pide ao Estado que reaccione e interveña as factorías de non haber opción.
O persoal desta empresa de telemarketing, que emprega a 700 persoas na Coruña, está convocado este venres a unha xornada de folga. Demandan mellores condicións laborais, estabilidade contractual e melloras nun salarios que están por debaixo dos 1.000 euros. Falamos con Adrián García
A CIG concéntrase no porto de Brens, en Cee, para denunciar o que considera un "desmantelamento" e "sabotaxe" da propia compañía á súa fábrica para forzar as condicións que xustifiquen un ERE e quedar só coas centrais hidroeléctricas.
Os representantes do persoal e a empresa pactan ampliar o período de negociación do ERE vinte días máis nunha tensa reunión en Madrid. Os traballadores gañan tempo para evitar os despedimentos e buscar alternativas ao peche.
O Museo de Arte Contemporánea da Coruña, propiedade da empresa de luz e gas, pecha esta fin de semana a súa derradeira exposición. Hai consenso político para darlle continuidade en forma de fundación, pero necesítase do visto bo da compañía para usar as actuais instalacións. Falamos con Enrique Lista, membro da directiva de A Colectiva.
O programa impulsado dende oito emisoras coruñesas emítese ao vivo dende o Teatro Rosalía dende as cinco da tarde do 29 de decembro. Asperga apoia persoas coa síndrome de Asperger dende os seus centros da Coruña e Santiago
Traballadores das plantas en Galicia e Asturias conflúen nunha marcha e reclaman á multinacional que amplíe o período de consultas do ERE e ao Executivo que actúe xa. "Non imos permitir que se deixe caer isto como se está a deixar caer"
El Hematrocrítico e Felipe G. Gil (ZEMOS98) conversan este martes na Coruña (Domus, 19 horas) sobre as novas narrativas dixitais, o humor en Internet e o uso que facemos das redes sociais. Falamos con eles
Nace o Deportivo Liceo. A entidade deportivista convértese en patrocinador do club de hóckey, a entidade máis laureada de Galicia, que mudará o seu nome e pasará a ter un uniforme branquiazul
O MGSM leva dous anos denunciando a utilización da contención mecánica no CHUAC, unha práctica moi violenta na que algúns pacientes da Unidade de Psiquiatría son atados con correas a unha cama, en ocasións "por períodos de tempo prolongados". Falamos co seu voceiro, Miguel Anxo García Álvarez.
O luns comezan na Coruña as xornadas Feminismo e Industria Musical, que buscarán promover "estratexias de traballo" para reverter a actual situación de desigualdade de xénero no sector. Falamos con Carmen Zapata e Marcela San Martín, presidenta e vicepresidenta da asociación Mulleres da Industria da Música (MIM)