Feijóo: "Se alguén é pediatra só ten que contactar co Sergas e será inmediatamente contratado"

2/8/2018 | Feijóo admite que Galicia padece un "déficit de pediatras" que "loxicamente, se nota moito máis en época estival" por mor das vacacións do persoal, cando "non hai pediatras substitutos". "Se alguén é pediatra e quere traballar en Galicia, o único que ten que facer é contactar co Sergas e será inmediatamente contratado", asegura o presidente da Xunta, quen agregou ao termo do Consello da Xunta que Sanidade está actuar neste eido de acordo coa Sociedade Galega de Pediatría.

Dominio Público Praza Pública