Reclaman unha solución na USC para o alumnado de licenciaturas, en proceso de extinción

Reitorado da USC © USC

Este 30 de setembro quedarán definitivamente extinguidas as licenciaturas universitarias, que nos últimos aos viñeron sendo substituídas por graos. Esta extinción supón un problema para un certo número de alumnos e alumnas que aínda estaban cursando os vellos plans, á espera de aprobar algunha materia pendente. Co remate definitivo das licenciaturas aqueles e aquelas que non as completaron poden verse na obriga de adaptarse aos novos plans de Grao, o que lles pode supor un desembolso económico maior.

Co remate definitivo das licenciaturas aqueles e aquelas que non as completaron poden verse na obriga de adaptarse aos novos plans de Grao, o que lles pode supor un desembolso económico maior

AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega denuncian esta situación na Universidade de Santiago e demandan unha solución. Estes sindicatos estudantís explican que aínda que o Consello de Goberno da USC do 29 de xullo aprobou a convocatoria dunha proba extraordinaria en setembro, esixiu para poder presentarse o ter suspensas as dúas oportunidades ordinarias. "Isto supón un problema para aquelas/es estudantes que non se presentaron nalgunha das dúas oportunidades por diferentes motivos, de tal xeito que non todas e todos poden optar a esta proba", sinalan. E subliñan que "os requisitos foron presentados a posteriori das ditas oportunidades" o que supuxo unha "exclusión arbitraria" deste grupo de estudantes e un "agravio comparativo".

"O único que reclaman é a oportunidade de presentarse a esta convocatoria extraordinaria, xa que unha vez que se convoca o normal é que que sexa para todas e todos sen exclusión algunha", destacan. Os sindicatos reclaman a convocatoria dunha reunión de urxencia do Consello de Goberno antes da extinción da licenciatura o 30 de setembro "para modificar o requisito que impide a centos de estudantes optar a rematar as súas Licenciaturas". Os Comités sinalan que hai dúas semana solicitaron unha reunión de urxencia co reitor Juan Viaño e afirman que a día de hoxe aínda non tiveron resposta. Tamén iniciaron unha recollida de sinaturas.

Reclaman a convocatoria dunha reunión de urxencia do Consello de Goberno da USC

Os e as estudantes afectadas convocaron, co apoio das organizacións estudantís AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega, unha reunión para todas as afectadas e afectados que terá lugar o vindeiro xoves 24 de setembro na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:15 horas.

Reitorado da USC © USC
Cartaz da protesta © Comités

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.