O PP emprega as críticas ao bipartito como escudo para bloquear no Parlamento europeo a denuncia de manipulación na CRTVG
Representantes do persoal dos medios públicos galegos sinalaron na Comisión de Peticións do Parlamento europeo que “a manipulación informativa é unha constante” na TVG e na Radio Galega. A súa denuncia non prosperou polos votos en contra de PP e Vox. Os 'populares' empregaron referencias á etapa do bipartito de PSdeG e BNG na Xunta, rematada hai 15 anos, para intentar restar valor as acusacións dos profesionais da CRTVG