A Raiña Vermella publica en Cianuro nas mazás, o blog de ciencia de Praza, unha análise das patoloxías neurolóxicas de músicos coma Cole Porter, George Gershwin, Thelonious Monk, Charlie Parker ou Charles Mingus.
O Dr. Philip Pearl é profesor de Neuroloxía Pediátrica na Universidade de Washinton, e xefe da sección de Neuroloxía Pediátrica no National Medical Centre, especialista en epilepsia e trastornos neuroendocrinos. Ten no seu haber unha lista bastante impoñente de publicacións en revistas científicas, pero alén diso, saca tempo para escoitar jazz. Non todos os papers científicos deben ser necesariamente estudos hiperespecializados con escaso ou nulo interés para o público xeral, ás veces tamén podemos atopar en revistas científicas artigos feitos a modo de curiosidade ou divertimento, como o que o Dr. Pearl quixo dedicar á moi abondosa e sorprendentemente variada patoloxía neurolóxica das grandes figuras do jazz.
É de coñecemento xeral que os músicos de jazz non se caracterizan por levar unha vida sana e ordenada, pero non é tan coñecido o rosario de enfermidades que padecían, e que determinaron dun xeito ou doutro a súa vida e por tanto a súa obra
É de coñecemento xeral que os músicos de jazz non se caracterizan por levar unha vida sana e ordenada, pero non é tan coñecido o rosario de enfermidades que padecían, e que determinaron dun xeito ou doutro a súa vida e por tanto a súa obra.
Este curioso artigo aparece dividido en "seleccións musicais", cada unha delas co títula dun standard do jazz. Na primeira selección, "All of You", vímonos enterar de que Cole Porter (1891-1964) sufriu unha aparatosa caída dun cabalo que lle fracturou ambos fémures, e a resultas da cal padeceu unha osteomielite que conlevou 33 operacións cirúrxicas e unha dor e incapacidades constantes, que non fixeron mella na súa capacidade de traballo nin no seu talento, pero que o levaron a abusar cada vez máis de medicación analxésica e do alcohol, situación que se agravou tras a morte da súa muller e a amputación da perna dereita. Tras isto, Porter foi diagnosticado de depresión, sendo un dos primeiros pacientes en recibir terapia electroconvulsiva baixo anestesia e miorelaxación, al e como se realiza o procedemento na actualidade, administrada polo Dr. Kaplan, o máis parecido no campo da Psiquiatría a unha estrela do jazz
A segunda selección, "Embraceable You & A Foggy Day" da conta do estraño caso do pianista e compositor do inesquecible “Porgy and Bess”, George Gershwin (1898-1937), que padecía continuas dores de cabeza, mareos e desvanecementos, sendo diagnosticado sucesivamente de depresión, somatizacións e histeria, ata que no ano 1937 cae nun estado de coma que dura 24 horas. A raíz disto, realízanselle por fin probas neurolóxicas, que dan como resultado o diagnóstico dun tumor cerebral. Consultóuselle o caso a outra estrela da medicina, o celebérrimo Harvey Cushing, grazas ás conexións familiares de Gershwin coa Casa Branca, e finalmente foi operado, pero non foi posible salvar a súa vida. Nunca saberemos se, de ser diagnosticado a tempo, a cirurxía puido evitar o este desenlace.
Pearl achéganos ás adicións ao alcol e aos alucinóxenos de Monk, así como á heroína, o cal acabou desembocando nun importante deterioro do seu estado mental e o sucesivos ingresos en institucións psiquiátricas con diagnósticos de depresión e psicose
Na selección musical terceira, adicada a Thelonious Monk (1917-1982), "Round Midnight", Pearl achéganos ás adicións ao alcol e aos alucinóxenos de Monk, así como á heroína, o cal acabou desembocando nun importante deterioro do seu estado mental e o sucesivos ingresos en institucións psiquiátricas con diagnósticos de depresión e psicose, ata a súa morte a causa dun accidente cerebrovascular.
O saxofonista Charlie Parker (1929-1955) é o protagonista da quinta selección, titulada "Yardbird Suite & Ornithology". Tamén adicto a todo tipo de sustancias, Parker rematou ingresado no hospital psiquiátrico de Camarillo tras prender lume a unha habitación de hotel e correr polo recibidor vestido só cos calcetíns. Esta estancia inspiraría o tema "Relaxing at Camarillo". Posteriormente, o seu estado mental deterioraríase cada vez máis, e tras dous tentativas de suicidio foi ingresado no Hospital Bellevue ata a súa morte, con tan só 34 anos.
Lonxe de alimentar o tópico da relación entre enfermidade e xenialidade, traballos coma este amosan a cara máis amarga dos grandes virtuosos
A séptima selección, "Nostalgia in Times Square", trata a doenza de Charles Mingus (1922-979), que padeceu cara ao final da súa vida de esclerose lateral amiotrófica (ELA), que lle provocou finalmente a morte.
A oitava e última selección, "Bouncing with Bud", trata sobre o pianista Earl "Bud" Powell, quen padeceu, con 21 anos, o primeiro episodio psicótico duntrastorno mental, que probablemente hoxe sería diagnosticado como esquizofrenia, e que o levou a ingresar en múltiples ocasións durante a súa vida.
Lonxe de alimentar o tópico da relación entre enfermidade e xenialidade, traballos coma este amosan a cara máis amarga dos grandes virtuosos, a da enfermidade e a morte, non dende un punto de vista romántico e estilizado, senón como a cara B, escura e descoñecida, dos grandes éxitos das súas vidas.
Pearl PL. Neurological problems of jazz legends. J Child Neurol. 2009 Aug;24(8):1037-42
Gridley MC, Hoff R. Do mirror neurons explain misattribution of emotions in music? Percept Mot Skills. 2006 Apr;102(2):600-2.