0 Gardados para despois

26 vídeos pasan á final de Youtubeir@s

Redacción | @prazapublica

O xurado da segunda edición dos premios Youtubeir@s anunciou este luns os vídeos finalistas nas sete categorías do certame. Adrián Dios, Anxos Sobriño, Estela Romasanta, Iván Capón e Laura Cruxeiras valoraron un total de 229 inscricións, seleccionando entre elas 26 youtubeir@s finalistas.

As candidaturas gañadoras coñeceranse na gala dos Premios Youtubeir@s, que se celebrará o 20 de abril, ás 20:00 horas, no Teatro Colón da Coruña. O evento será presentado pola compañía teatral A Panadaría. Os premios Youtubeir@s, unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove; as Universidades de Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña, divídense en oito categorías: video-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.

Categoría de vídeo-facermos:

• "Como escaquearse dunha comida familiar", de As Cousas do Choio.
• "Descargar vídeo de facebook online", de Xacobo de Toro Cacharrón.
• Fart@ de tantas varices", de Chola & Lola.

Categoría de vídeo-opinarmos:

• "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación", de Xacobo de Toro Cacharrón.
• "As 5 preguntas máis absurdas sobre a Comunidade Xorda", de A Familia Vázquez TV.
• "Recordos", de Tito FM.

Categoría de canle:

• Nubes baixo ti.
• Teño unha horta en San Sadurniño.
• TradiGaita.

Categoría de creatividade:

• "Mascarilla Detox Titorial", de BI Uke,
• "Os cazapantasmas video-facermos", de Moustache Media Producciones.
• "Review nostálxica: Discoteca El Bosque", de Edu Fernández.

Categoría de eficiencia comunicativa:

• "Como distinguir as bandeiras LGBT+", de Carolina G.
• "O galego fermoso (e o que non o é tanto)", de Aquel-e.
• "Videopinarmos || A adopción animal", de Tania Veiras.

Categoría de calidade técnica:

• "Recordos", de Tito FM.
• "Tempo de decidir", de Nubes baixo ti.
• "Viaxar", de Aarón Vilariño Figueiras.

Categoría de calidade lingüística:

• "Chaveiro de pompóns – Amigo Invisible", de IES A Cachada Boiro.
• "Descubrindo as palabras | Encaldabourada". de Anduriña TV.
• "Reivindicación oceánica", de Xosé Iglesias.

Categoría de proposta youtubeira:

• "Como dar cartos ás agachadas", de As Cousas do Choio.
• "Fareleiro18 enzoufeime todiña!", de Susanasusue.
• "Galiza a Eurovisión", de Aquel-e.
• "Slime faciliño!", de Platicando en galego.
• "Vídeo denuncia", de Bipelo Film.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.