Acusan a Xunta de mentir sobre o twitter en galego "para poder presentar algún adianto para a lingua"

Cruce de tweets entre a Xunta e iniciativa cidadá 'Twitter en Galego' Dominio Público Praza Pública

A Mesa pola Normalización Lingüística e a a iniciativa Twitter en Galego acusan a Xunta de mentir sobre a súa implicación na decisión de Twitter de comezar o proceso para traducir a aplicación ao galego. A Mesa considera que o Goberno galego tenta apropiarse "dunha conquista realizada pola presión social" para "poder presentar un único adianto para a lingua en toda a lexislatura". 

A Mesa considera que o Goberno galego tenta apropiarse "dunha conquista realizada pola presión social" para "poder presentar un único adianto para a lingua en toda a lexislatura"

A Xunta remitiu este xoves unha nota de prensa na que afirmaba que "o twitter falará en galego grazas a una campaña respaldada pola Xunta de Galicia". Porén, a Mesa e a iniciativa Twitter en Galego salientan que “se conseguimos que Twitter aceptase traducir ao galego, foi polo compromiso de moitos usuarios dende hai máis dun ano” e non pola acción do Goberno galego.

Cando no pasado mes de maio se anunciou que Twitter se ía traducir a todas as linguas do Estado excepto ao galego, a Mesa enviou un comunicado no cal denunciaba o “absoluto desinterese da Xunta” e que “esta noticia por si soa debería supor a dimisión ou cesamento do secretario xeral de Política Lingüística”. Carlos Callón engade que “apropiándose do traballo doutros e doutras, o Partido Popular tenta lavar a cara por esta lexislatura de interminábeis agresións contra o noso noso idioma”.

Propón que a Xunta derrogue o decretazo que prohibe impartir a materia de Tecnoloxía en galego nos centros de ensino

A Mesa sinala que se o PP quere facer algo polo galego nas tecnoloxías pode "dar marcha atrás á súa decisión de non solicitar móbiles con opción de galego para o Parlamento, a pesar de que todo o mundo sabe que tales terminais con opción do noso idioma existen no mercado", ou derrogar o decretazo que prohibe impartir a materia de Tecnoloxía en galego nos centros de ensino”.

Cruce de tweets entre a Xunta e iniciativa cidadá 'Twitter en Galego' Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.